Alfonso J. Vázquez Vaamonde


Categoría: Investigador e profesor
Data de Nacemento: 13 de Novembro de 1939
Lugar de Nacemento: Viveiro (Lugo)
Teléfono: 914374097
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Ciencias Químicas pola USC (1961), Doutor en Química Industrial pola UCM (1972), Diplomado en Xestión de Investigación por OGEINAP (1986) e Diplomado en Institucións Europeas pola Escola Diplomática (1988). Foi Director do CENIM (1983-1987), representante español na CECA (1986-1987) e na actualidade é Presidente da Comisión de Investigación de ATER (1981), Presidente da Asociación de Persoal Investigador do CSIC (1994) e Secretario da Sociedade Española de Materiais (1997). Actualmente é Profesor de Investigación do CSIC no Departamento de Corrosión e Protección do Centro Nacional de Investigacións Metalúrxicas de Madrid.

 Obras realizadas

A súa actividade como investigador desenvolveuse fundamentalmente no campo de Procesos de protección fronte á corrosión de materiais metálicos, modificación da superficie e obtención de recubrimentos por tratamentos en metal fundido, con láser e con enerxía solar concentrada e obtención de recubrimentos por deposición de diamantes a presión atmosférica a partir de chama de acetileno, nos que dirixiu varias teses doutorais e publicado un cento de traballos en revistas científicas internacionais e colaborado na edición de libros. Participou, dictou cursos e deu conferencias na súa especialidade en diversas universidades españolas, na Autónoma de México, D.F. e na da Habana e é organizador e Director do Curso de Ciencia e Enxeñería da Modificación da Superficie dos Materiais Metálicos de periodicidade bianual. Recibiu os premios de investigación en arqueometalurxia da Deputación de Pontevedra, polo seu estudio das hachas de Samieira e o Silver Pin da EGGA pola súa contribución ó progreso da galvanización por inmersión en quente.

 Outros datos de interese

Autor de numerosas colaboracións no "Diario de Pontevedra" e "La Región" de Ourense entre outros periódicos galegos.Recibiu os premios de investigación araqueometalúrxica da Deputación de Pontevedra, polo seu estudio das "hachas de Samieira" e o "Silver Pin" da EGGA pola súa contribución ó progreso da galvanización por inmersión en quente.