Foi un gaiteiro que deu multitude de recitais en Galicia e noutras cidades españolas. Foi un mestre da interpretación "enxebre", algo que abandonou nos últimos anos da súa vida, ó decantarse por un tipo de música que non estaba acorde coa tradición da gaita. En 1908 realizou unha xira triunfal por Bos Aires. Debutou o 31 de marzo dese ano no Teatro Victoria.
Gañou nunha ocasión o primeiro premio no Certame de Corpus de Ourense.