Antonio Abad Gallego


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 14 de agosto de 1953
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986424525
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Estudou debuxo artístico na Escola de Artes e Oficios de Vigo (1979-1980) e en 1990 fixo a súa primeira exposición individual. Durante 1993/94 organizou varias exposicións conxuntas polo Norte de Portugal e en 1995 levou a cabo exposicións individuais en distintos puntos da xeografia española. En 1996 entrou a formar parte de varias asociacións federadas de artistas nacionais e un ano máis tarde celebrou exposicións en Portugal, Italia e Francia. Seguiu formándose e expoñendo por múltiples lugares ganando distintos premios e sendo seleccionado para participar en varios Salóns Internacionais. No ano 2009 funda con outros pintores a Asociación de Pintores Pastelistas Españois, participando no primeiro Salón desta técnica que se celebra en España.

 Obras realizadas

Resume de mostras realizadas a partir do ano 2000:

2000- J&C Art Gallery (Nova York), Galería Hera, Porriño (Pontevedra) e Salón Internacional D´orval, Meliane (Francia).

2001- Galería Visol (Ourense), Casa das Artes (Vigo), Vendas Novas (Portugal) e Galería Artitude (París).

2002- Galería José Lorenzo (Santiago de Compostela), Galería Porta All´Arco, Siena (Italia), Galería Artesfera (Benidorm), Itinerante Europastel, Italia e San Petersburgo (patrocinio da UNESCO) e VII Certame de Arte no Morrazo, Cangas (Pontevedra).

2003- Galería Trisquel e Medulio, Tui (Pontevedra), Casa de Galicia (Madrid) e Galería José Lorenzo (Santiago de Compostela).

2004- Sala Caixanova (Vigo) e Vendas Novas (Portugal).

2005- Certame Internacional Arte no Morrazo- Consegue o 1º Premio, Cangas (Pontevedra) e Parador de Santo Estevo do Sil (Ourense).

2006- Galería Borrón 4, Cambados (Pontevedra), Parlamento Europeo (Bruxelas), Galería Coarte (A Coruña) e Auditorio de Cangas do Morrazo, Cangas (Pontevedra).

2007- Casa da Cultura de Sada (A Coruña) e Casa de Galicia (Madrid).

2009- Auditorio Ppe. Felipe (Oviedo) e Capela Sta. Mariña (Lugo).

2010- Centro Caixanova (Vigo), Casa das Artes (Vigo) e Asociación de Empresarios de Tambre (Santiago de Compostela).

 Outros datos de interese

A súa obra figura nas coleccións de Caixa Pontevedra, Banco Galego, Cámara M. Vilanova da Cerveira (Portugal), Cámara M. Vilafranca de Xira (Portugal), Cámara M. de Chaves (Portugal), Cámara M. de Braga (Portugal), Concello de Sada (A Coruña), Concello de Vigo, Concello de Verín (Ourense) e coleccións privadas en España, Francia, Italia e EEUU.

Páxina web: www.antonioabad.com