Victoriano López García


Data de Nacemento: En 1910 ( † 1995)
Lugar de Nacemento: Mondoñedo (Lugo)
 Currículum

Profesor e produtor cinematográfico, nacido en Mondoñedo (Lugo) en 1910 e falecido en Madrid en 1995. Tras completar o seu bacharelato en Vigo, marcha a Bilbao a estudar la carreira de Enxeñería Industrial, ó término desta, entrou formar parte do equipo de profesores da Escola Especial de Enxeñeiros Industriais de Madrid. Neste centro comeza a destacar por unha serie de iniciativas que o convertirán no punto de referencia da formación cinematográfica e a análise da industria do cine nas súas diversas facetas.

 Obras realizadas

Nos primeiros anos trinta, plantexase crear un centro de formación cinematográfica, para o que parte nun principio do estudo de materias específicas no campo da técnica industrial (sonido, óptica, sensimetría, etc.); é precisamente esta preocupación a que o levará, a comezos dos corenta, a ocupar simultáneamente un posto na Subcomisión Reguladora da Cinematografía (como Xefe da Sección de Materias Primas). Con Antonio Robert e Adelardo Martínez de la Madrid pon en marcha unha serie de publicacións e iniciativas que permitirán a algúns dos seus alumnos encauzar os seus pasos hacia o campo cinematográfico. Dende 1942 dirixe a Sección permanente de Cinematografía desta Escola, na que se imparte un curso anual de cine, con carácter voluntario, para os que estudian nela. É autor da maior parte das leccións que se recollen no primeiro programa que se imparte, e que será o punto de partida para a elaboración posterior do programa máis completo para as diversas materias que se contemplarán no funcionamento do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas, centro aprobado o 19 de febreiro de 1947, do que será o seu primeiro director, ademáis de profesor, durante varios anos.

Ó mesmo tiempo que acomete a formación de técnicos en cinematografía, funda e dirixe por un tempo a revista Cine Esperimental -con Carlos Serrano de Osma, entre outros-, na que se abordan abundantes contidos sobre cuestións técnicas do cine. Escribe tamén en Radiocinema, Espectáculo e Primer Plano. Do seu prolífico traballo docente e da análise da industria cinematográfica surxirán unha serie de libros importantes para o coñecemento dos seus sectores técnicos e produtivos (Lecciones sobre cinematografía, 1941; Técnica del cine sonoro, en color y en relieve, 1943; Electroacústica, 1963; Acústica, 1971; Chequeo al cine español, 1972; además de La industria cinematográfica española, 1945; La industria de producción de películas, 1955 -ambos en colaboración-).

Dende os cincuenta ata os setenta, ademáis de ir pasando por diversos cargos cinematográficos (Xefe da Sección de Industria do Servizo de Ordenación Económica da Cinematografía, Xefe da Sección de Créditos do Instituto Nacional da Cinematografía, Secretario Técnico do mesmo Instituto, Xefe da Sección de Mercados Cinematográficos, Delegado do Ministerio de Industria no Sindicato Nacional do Espectáculo, Xefe do Negociado de Distribución da Subdirección Xeral de Cinematografía do Ministerio de Información e Turismo), representa a España en varios Congresos internacionais e ofrece numerosas conferencias. Ademáis desta proxección formativa e burocrática, participou como axudante de cámara en 'Una cubana en España' (Lusi Bayón Herrera, 1951). En 1990 a Academia das Ciencias e Artes Cinematográficas de España, concedeulle un Goya honorífico pola súa indudable aportación ó desenvolvemento formativo do profesional cinematográfico español.