Víctor Manuel Vázquez Portomeñe


Categoría: Político
Data de Nacemento: 16 de setembro de 1936
Lugar de Nacemento: Pacios de Piñeira, Taboada (Lugo)
 Currículum

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e secretario de Administración Local por oposición, exerceu a avogacía durante dezaoito anos como pertencente a varios Colexios de Avogados. Foi conselleiro preautonómico en 1980 e 1981 e participou na redacción do chamado “Estatuto dos 16”, precedente inmediato do actual Estatuto de Autonomía de Galicia. Intervie activamente na campaña do Referendum de aprobación do Estatuto de Autonomía, explicando a súa significación e alcance solicitando o voto positivo dos cidadáns. Foi deputado autonómico nas catro primeiras lexislaturas do Parlamento Galego (1981, 1985, 1989 e 1997). Entre 1983 e 1986 foi Conselleiro de Educación e Cultura no goberno de Fernández Albor, etapa na que se construíron máis de cen centros educativos en Galicia, ampliáronse outros e incrementáronse en 7500 efectivos as plantillas de profesores dos niveis non universitarios. Desa forma acadouse por primeira vez na historia de Galicia a escolarización plena. Entre 1990 e 1997, no goberno de Manuel Fraga, foi Conselleiro de Relacións Institucionais e Voceiro do Goberno, Conselleiro de Cultura e Conselleiro de Asuntos Parlamentarios. Promoveu o "Xacobeo 93" como Plan integral de rehabilitación física, cultural e económica do Camiño de Santiago, co que Galicia acadando un claro protagonismo a nivel europeo e trouxo millóns de visitantes. O Parlamento de Galicia, a proposta de Vázquez Portomeñe, aprobara por unanimidade ese Plan, así como as Leis de protección dos Camiños de Santiago e do Patrimonio Cultural de Galicia, lográndose nesas datas que a UNESCO declarara como Patrimonio Cultural da Humanidade ó Camiño de Santiago. Entre 1998 e 2000 foi Senador de designación autonómica e entre 2000 e 2004 foi Senador por Pontevedra e presidente da Comisión Xeral das Comunidades Autónomas. En 2004 foi novamente elixido Senador por Pontevedra.

 Obras realizadas

Colaborou en xornais, revistas e radios como comentarista político, así como en libros sobre o Camiño de Santiago e pronunciou numerosas conferencias, incluso no estranxeiro, ó igual que múltiples pregóns por toda Galicia.

En 2014, publicou o libro 'Testigo y parte de la historia reciente de Galicia'.

 Outros datos de interese

Medalla de Ouro de Galicia 2010.

En 2016 o Padroado da Fundación Galicia-América nomeouno membro de honra.

Está casado con Otilia Seijas García e ten tres fillos.