Realizou estudios eclesiásticos en Santiago e na Universidade Pontificia de Salamanca, realizando nas dúas cidades un importante labor no movemento estudiantil. Desde 1976 trabarlla en varias parroquias de Guitiriz, tanto no campo social como cultural. É profesor do IES de Guitiriz. No traballo social temos que salienta-la recuperación do Santuario de Nosa Señora de Bascuas, hoxe convertido en Museo de Arte e Cultura Relixiosa Popular. Dirixe as publicacións de Xermolos "Guieiros", Cadernos e Revista Xermolos.
Escribe en varias publicacións como "Irimia", "Encrucillada", etc. En 1976 funda a Asociación Cultural de Guitiriz, chamada despois "Xermolos", con moitas actividades culturais: Escola de Música Tradicional, Escola de Canteiros, Revista Xermolos, Cadernos de temas etnográficos, Biblioteca Pública Xermolos, etc. Foi o fundador do Festival de Pardiñas (1980), da Feira e Festa da Música e da Arte e dos premios de Guitiriz de Pintura, Escultura e Fotografía. Coordina a Asociación Sociocultural X. M. Díaz Castro e a Fundación Manuel María da Terra Cha.
Recibiu o premio Anxel Fole de Ensaio pola obra Xosé María Castro. A Ascensión dun poeta, o premio IAR de Folclore, o Moncho Valcárcel "pola promoción da Terra" e o Premio Solidariedade 2002.