Simón García


Categoría: Músico. Contrabaixista e compositor.
Data de Nacemento: 1977
Lugar de Nacemento: Mugardos (A Coruña)
 Currículum

Licenciado en contrabaixo polo Conservatorio Superior de Música de Salamanca. Foi contrabaixista na Real Filharmonía de Galicia e colaborou con diferentes orquestras do país como Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Nacional de España, Orquestra de Extremadura, Orquestra de RTVE, entre outras.

Actualmente é contrabaixista na Banda Municipal da Coruña.

Asiduamente traballa para diferentes artistas e proxectos no ámbito da música moderna.

Como docente impartiu clases no Conservatorio de Palencia e na Escola Municipal de Oleiros. Participou en diferentes festivais internacionais como o VI Encontro Latinoamericano de Contrabaixo, Barcelona Bass Meeting, Festival Ludwig Streicher, Via Stellae, BASS 2012, Festival au Desert, entre outros.

Realizou gravacións para diferentes selos nacionais e internacionais, así como anuncios publicitarios e bandas sonoras.

Gravou ou participou en programas de televisión e radio como RNE, TVE, TVG, Radio clásica, Canle Satélite Dixital, Telecinco, etc...

Recibiu unha "Mención" pola súa peza A night in Compostela no concurso internacional de composición Recital Music Bass Composition Competition 2011 e unha "Mención de Honra" polo seu Concertino no1 para contrabaixo solista e cuarteto de contrabaixos no David Walter International Composition Competition 2012.