María Castro Jato


Categoría: Actriz
Data de Nacemento: 30 de novembro de 1981
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Tras finalizar COU con matrícula de honra, licenciouse en Ciencias da Actividade Física e o Deporte na Universidade de Vigo. Polo que respecta á súa actividade deportiva, foi campiona galega de ximnasia rítmica deportiva en tódalas categorías en modalidade individual e de conxuntos, foi preseleccionada pola Selección Española de G.R.D. na categoría junior para participar nos Campionatos Europeos de Tesalónica (Grecia) e foi subcampeona de España de G.R.D modalidade de pelota, no primeiro campionato de España por clubs e autonomías (Xixón, 1996).

 Obras realizadas

Como modelo da axencia ‘Dolores Couceiro’, ten realizado diversos pases de modelos en varias localidades e numerosas sesións fotográficas para catálogos de roupa deportiva, traxes de noiva, etc...

Ademais, foi presentadora dos programas: ‘Grandes Musicais’ e ‘Estreas TVG’, da T.V.G., co-presentadora de diversas galas, entre elas: a gala especial de Noitevella no ano 2001, na gala de entrega de premios ‘Alvaro Cunqueiro’ (Lalín, 2002), Galas de verán (A Coruña e Sanxenxo, 2002), as galas ‘Noites de verán’ (xullo e agosto 2003) da TV galega (sete galas en total: dúas en Ferrol, dúas en Sanxenxo e tres na Coruña), participou na gravación do programa ‘Comediantes’, para TVG.

 

SERIES:

2001. ‘Avenida de América'.

2001-2006. ‘Pratos Combinados'.

2006. Elías y el Sexo Débil.

2006-2007. SMS: Sin Miedo a Soñar.

2007. Cafetería Manhattan.

2008. Sin Tetas no hay paraíso.

2013. Vivo Cantando.

 

CINE:

2009. Os mortos van ás presas, longametraxe dirixida por Ángel de la Cruz.

2006. A Rosa dos ventos, curtametraxe dirixida por Jairo Iglesias.

2005. Días Azules, longametraxe dirixida por Miguel Santesmases.

 Outros datos de interese

Fala inglés, español e galego.