Sergio Covelo


Categoría: Ilustrador
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Licenciado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra, realizou un curso de infografía audiovisual.

 Obras realizadas

Colaborou en diversos fanzines, entre os que se contan, a nivel estatal, "Cabezabajo" e "Dos veces breve", e a nivel autonómico, "Golfiño", "Chámalle X", "Whore!", "Comikaze" e o "Fanzine das Xornadas", "Código Cero". Participou nas exposicións "Vigo nas sombras II", "Cómics en Vigo" e "Semana de Banda Deseñada 2000". Tamén participou nas exposicións "Can de Palleiro" (2004) e "Prantando libros" (2005) organizadas pola Asociación Galega de Ilustradores (AGPI).
Membro do colectivo Polaqia, participa na revista "Barsowia". Ademais, contribuiu ao álbum colectivo "H2Oil" e á novela gráfica "Capital" (Edicions de Ponent, 2006) coma no recopilatorio "Barsowia en llamas" (Ed. Dolmen, colección Dominó).

 Outros datos de interese

Gañou un accésit no Concurso Galego de Banda Deseñada, categoría B (18 a 30 anos), en 1997, e outro na mesma categoría do Certame Galego de Imaxe Artística modalidade BD, en 1998. Recibiu o primeiro premio no Certame de Cómic de Arteixo (2000), categoría C (adultos), coa historia "Salvar o Ovo Ryan", unha parodia culinaria do filme de Steven Spielberg.