Segundo Carlos Pardo-Ciorraga y de Santos


Categoría: Político e procurador
Data de Nacemento: 13 de xuño de 1940 († 5 de agosto de 2018)
Lugar de Nacemento: A Estrada (Pontevedra)
 Currículum

Fundador de "Asesoría Galicia, S.L.", hoxe "M & R, Avogadas, C. B." domicilio: A Coruña R/ Concepción Arenal, nº 15- 3º esq.-15006, Tlf.: 981 13 49 82 Tlf./Fax: 981 13 49 70. Procurador dos Tribunais, Diplomado en Ciencias Empresariais e Corredor de Seguros. No ano 1958 cursa estudios universitarios en Barcelona e forma parte do Movemento Socialista Universitario de Cataluña, a partir do 1956 forma parte da agrupación cultural "O Facho" e milita no PSG, é encargado da implantación do partido na comarca de Bergantiños, Muros e Noia. Participa activamente na Xunta Democrática de Bergantiños e elabora con outros 19 militantes do PSG o "Manifesto dos 19". É cofundador do Colectivo Socialista Galego (CSG), que se fusionaría en maio de 1978 co PSdeG-PSOE, é tamén fundador do malogrado (1978) Congreso da Cultura Galega. De 1978 a 1985 é responsable de tódalas campañas electorais do PSdeG-PSOE, en 1979 é Concelleiro na Coruña responsable de Urbanismo cós alcaldes Domingo Merino e López Menéndez. De 1983 a 1991 tenente alcalde responsable de Obras Públicas e Patrimonio con Francisco Vázquez. Ostentou distintos cargos orgánicos nas executivas locais, provinciais e nacionais galega do PSdeG-PSOE. Estaba dedicado fundamentalmente á confección de dictames e impartindo conferencias sobre a doazón e transplante de órganos e promovendo campañas de sensibilización social nestas cuestións.

 Obras realizadas

Distintos artigos de opinión en prensa galega e estatal. Foi fundador do Colectivo de Opinión ULTREYA. Redactor dos estatutos do fallido Congreso da Cultura Galega e redactor da Enmenda á Totalidade ó Proxecto de Lei polo que se modificou a Lei 38/1988 de 28 de Decembro de Demarcación e de Planta Xudicial con relación á redefinición da xurisdicción das Audiencias Provinciais de Cádiz, Málaga, Asturias, Badaxoz, A Coruña, Pontevedra e Murcia, presentada e defendida polos Senadores Galegos do PSOE.

 Outros datos de interese

Transplantado Hepático no 1995, foi fundador e Presidente dende Maio do 1996 da Asociación de Enfermos e Transplantados Hepáticos de Galicia -ATHEGA- e do Club Asociación Deportiva de Transplantados de Galicia -CADET-.