Pertencía a unha familia rica de Galicia, emparentada cos reis de León. Pasou a súa adolescencia en Mondoñedo, ó lado do seu tío o bispo Sabarico II, onde se formou. Foi prior do mosteiro de Portomarín. Ó morrer seu tío no ano 925 foi elixido para substituílo e iniciou unha campaña de recuperación de fieis e bens. Baixo o seu mandato reconstruíronse varias igrexas e mosteiros. Fundou un mosteiro en Vilar (San Salvador de Celanova) por desexo de Cristo, a través dunha revelación no ano 934. No ano 946 ocupou o posto de abade e no 955 renunciou ó bispado mindoniense e ingresou no convento de Vilar. Case ó mesmo tempo Ordoño III nomeouno virrei de Galicia. No ano 968 foi nomeado bispo de Iria. Asistiu ó Concilio de León (974) e despois abandonou a sede episcopal e retirouse a Celanova.