Licenciada en Ciencias da Información (rama de Xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid (1991), obtivo o Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) do Instituto de Ciencias de Educación (ICE), Universidade de Santiago de Compostela (1993), o Ciclo Superior de Francés da Escola Oficial de Idiomas da Coruña (1986) e o Ciclo Superior de Galego e o Medio de Inglés da Escola Oficial de Idiomas de Lugo (1995), o First Certificate in English, Universidade de Cambridge (1994) e o Preliminary English Test da Universidade de Cambridge (1990). Asistiu ós seguintes cursos e seminarios: ‘Nuevas tecnologías e medios de comunicación’, Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en colaboración coa Universidade da Coruña (1995), ‘I Congreso Internacional sobre adquisición e aprendizaxe das linguas segundas e as súas literaturas’, Universidade de Santiago de Compostela (1995), ‘Relacións Públicas e Técnicas de Comunicación de la Cámara de Comercio de Lugo’, ‘As novas linguaxes nos medios de comunicación escritos’ (Instituto de Estudios da Comunicación), ‘1º Curso Galego sobre Saúde e Medios de Comunicación’ (Hospital Xeral) (1990), ‘Realización e Producción de Vídeo’ (Deputación) (1991), ‘Xornadas de Comunicación Interdepartamental da Xunta de Galicia’ (1991, 1995 e 1997), Curso de vídeo (agosto 1992) (Concello de Lugo), Curso da Escola de Verán de Lugo organizado polo Movemento de Renovación Pedagóxica sobre o Uso de Ordenadores na Escola (1995), obradoiro de palabras e contos organizado polo Movemento de Renovación Pedagóxica dentro da Escola de Verán de Lugo (1995), ‘II e V Congreso Galego de Expresión e Arte’ (1991 e 1995), organizado polo Instituto Lucense de Expresión e Arte, ‘Comunicación e Novas Tecnoloxías’, Universidade Internacional Menéndez e Pelayo, ‘Curso Superior de Comunicación Política e Institucional’ (febreiro de 1997) (Deputación Provincial de Lugo), ‘Tratamento Dixital de Imaxes por Ordenador (Photshop)’(1999), ‘Debuxo Asistido por Ordenador (Freehand)’ 1999), ‘Xornalismo Dixital’, organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e a Xunta de Galicia (2000), ‘Curso de Flash’, Centro Multimedia de Galicia (2000), ‘Creación Audiovisual’ cos programas Photoshop e Adobe Premier, organizado polo Centro Multimedia de Galicia (2000), ‘Microsoft Powerpoint’ (2004) e ‘Microsoft Word’ (2004), de Ciberalia (Caixa Galicia). Realizou o master do Programa Oficial de Posgrao en Servizos Culturais pola Universidade de Santiago (2008).
Polo que respecta á súa actividade laboral, foi locutora de Radio Lugo (SER), traballou en FM, OM, informativos, programas, os 40 Principais e tamén fixo control de son e publicidade (1985-88), colaborou no xornal El Progreso con entrevistas, reportaxes e suplementos (1985-90), colaborou na revista Galicia en Madrid (1986), realizou unha substitución na axencia EFE (1987), foi delegada en Lugo da Radio Galega e do xornal Faro de Vigo (1988-90), redactora-locutora de Antena 3 e colaboradora de La Voz de Galicia e correspondente do xornal Ya (1990-93) e desde maio de 1993 redactora do xornal El Progreso e colaboracións en TeleLugo. Tamén participou como relatora nunha mesa redonda do I Congreso Europeo ‘¿Como comunicar cos mozos do ano 2000?’, organizado pola Xunta de Galicia (1997). Foi Presidenta da Asociación da Prensa de Lugo.
Foi galardoada co I Premio de Xornalismo ‘Muralla Aberta’, convocado polo Concello de Lugo (2007), o 2º Premio de Xornalismo do Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán de Begonte (1991), o 2º Premio no Concurso de Relatos organizado polo Instituto Virxe dos Ollos Grandes en maio de 1984, Accésit do Premio de Tradución de Poesía do Inglés ó Galego, convocado pola Universidade de Extremadura (abril 1997) e Medalla Concepción Arenal 2004 concedida polo Voluntariado Penitenciario Lucense. Ten coñecementos de Windows e dos programas Wordperfect, Microsoft Word, Internet Explorer, Fotostation, XYWrite, Edbase Explorer, Quark X Press, Dreamweaver, Browse e Edivan, nocións da linguaxe de programación HTML e coñecementos musicais de solfexo e acordeón. En canto a idiomas, ten o C1 de Inglés, B1 de Portugués, B2 de Francés e Celga 5 de Galego.