Estudiou con Rodolfo Halffter, Franco Donatoni, Agustín G. Acilu e Rogelio Groba. É o fundador e presidente da editora de música "Arte Tripharia". Foi o fundador e primeiro presidente (1972-76) de "Xuventudes Musicais de Vigo". É o editor de "Corpus Musicum Gallaeciae", unha colección que recolle toda a música culta galega desde os trobadores ata hoxe. Creou e dirixiu o grupo "Letrinae Musica", que presentou en Santiago e Vigo o "Movimento Pipiista" (p2) no ano 1976.
Publicou as obras: Tálamo e Túmulo (2000); Borobo (1999); Manuel María (2000); Como a noite é longa (1999); Labios de sabor a mar (1998); Oppius dei (1997); Preludio da Montanha Mágica (1996); Teima (1983); Retrato dunha moça na conversa (1981); Oestrymnia (1975); NYX-XOY-YC (1974); Helen (1992); ...
En 1986 foi o redactor do proxecto da "Escuela Internacional de Música de nuevo Baztan" (Madrid), o primeiro proxecto español dunha escola de alto nivel.