Rubén Bastón


Categoría: Experto en comunicación en medios sociais de Internet
Data de Nacemento: 6 de decembro de 1982
Lugar de Nacemento: Bueu (Pontevedra)
 Currículum

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela en 2004 coa especialidade de Xornalismo Electrónico.
Tras diversas prácticas profesionais en Radio Vigo-Cadena SER e La Voz de Galicia, traballa tres anos en Radio Galega, como redactor e locutor, ao mesmo tempo que se lanza ao entorno da comunicación online en distintos proxectos web e de blogs.
En 2007 abre en Elogia, de forma totalmente innovadora en Galicia, o departamento de Social Media, orientado a estratexias de comunicación e marketing nos medios sociais de Internet.
En 2011, con 28 anos, foi nomeado directivo da multinacional de marketing dixital Elogia, como Social Media Director, con persoal ao seu cargo en Vigo, Barcelona, Milán, Lisboa, México DF, Río de Xaneiro e Bos Aires.
 

 Obras realizadas

Cando os Social Media se estaban introducindo como tendencia en España, Rubén Bastón foi corredactor de dous libros de referencia do sector: "Web 2.0 y empresa: manual de aplicación en entornos corporativos", publicado pola ANEI (Asociación Nacional de Empresas de Internet) en maio de 2008 e "Libro Blanco de los medios sociales", editado pola IAB Spain (Interactive Advertising Bureau, asociación de referencia del sector) en xuño de 2009.
 
Relatorios:
-Relatorio no ciclo de AJE Vigo, sobre tendencias online (Vigo, decembro 2010).
-Relatorio en Trends&Creativity, organizado por Cluster do Produto Gráfico e do Libro galego titulada “4 verdades absolutas y 15 tendencias urgentes” (Santiago de Compostela, novembro 2010).
-Relatorio no Seminario “Innovación 2.0, redes sociales orientadas a la empresa”, organizada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo, outubro 2010).
-Relatorio “Cómo usar, instrumentar, implementar las redes sociales en las empresas? no Congreso B-Web (A Coruña, maio 2010).
-Relatorio “La moda y los Social Media”, no Geek Caffeine 2010 Fashion Edition (Barcelona, maio 2010).
-Relatorio “Cómo hacer publicidad en las redes sociales” na Facultat de Comunicació Blanquerna (Ramón Llull) (marzo 2010).
-Relatorio “Entornos 2.0 para el talento” no evento profesional MeM, en Vigo (febreiro 2010).
-Relatorio no ciclo de AJE de Vigo (novembro 2009).
-Relatorio Geek Caffeine en Barcelona e Madrid: “Internet sí, pero ¿cómo?” (maio 2009).
-Relatorio sobre blog banqueando en taller de Emprendedores de FICOD 2008 (novembro 2008, Madrid).

 Outros datos de interese

Web: http://rubenbaston.org

twitter: http://twitter.com/rubenbaston