Comezou a súa andaina musical coa formación do grupo Los Osos Montañosos, facendo versións dos anos 60 e 70, seguindo con Los Fantomas e Los Comestibles. Baixo o nome de Kimuru, presenta o seu último traballo titulado ‘Todas las naves especiales son de plástico’. O disco, editado pola firma Falcatruadas, conta coa colaboración de Arturo Vaquero, Humanoid (arranxos e produción), César López (baixista de Los Comestibles) e Martín Alonso (guitarra de Holywater). ‘Aves’, ‘El futuro de la araña’, ‘Relojcero’, ‘Sesalé’, ‘¿Hay fiesta en Marte?’, ‘Señales’, ‘Nuevo hoy’ e ‘Tu ex’ son algúns dos temas do sorprendente disco de Kimuru.