Realizou cursos de "Interpretación"; "Teorías e practicas teatrais"; "Escenografía"; "Teoría e Practica de cine"; "Interpretación a cámara"; "Voz, biomecánica, e arte do actor"; "Os cinco sentidos do movemento"; "Técnica vocal e canto"; "Técnica da interpretación"; "Técnica de Voz" e "Voz, biomecánica e arte de actor". É cantante e compositor de diferentes grupos e bandas musicais (guitarra, baixo e teclados). Foi co-presentador en "Cadena100-Lugo" do programa "O Sacho" (1997/98) e presentou "Alberte e cía." en "Televisión de Lugo" (1992). Durante 1999 foi locutor de Cuñas e Megafonías Publicitarias para "Coruñesa de Publicidad". No ano 2000 fundou o grupo "8díasTEATRO"
Ten formado parte dos seguintes espectáculos: Tatuaxes (monólogo dramático) ; Entremeses de J. Rana; Kavafis; Guernika, un grito, 1937; Opinións; Orestíada; Noche de Reyes; Macbeth; Soños; Maxia Vermella; O sono de unha noite de San Xoán; Lisistrata e El Aniversario. No sector audiovisual, traballou nas seguintes obras: Benvida Ms. MIR; Tipo Test; Soborno; Fiesta; El camino de Santiago e Presa del Umia.
Conseguiu os seguintes premios e recoñecementos: 1º premio RadioVoz escolar (1992); 1º premio ImaginaRock, (Lugo, 1997); 3º premio no IV Festival de Teatro Afeccionado de Gondomar, (Pontevedra, 1998); Concesión de bolsa de estudios da escola "Casa Hamlet, (Cursos 1999/00 e 2001/02); Concesión de bolsa para perfeccionamento de estudios artísticos no estranxeiro, (2000); Premio Unicornio Teatro Breve (Mención especial do xurado) por Soños,(Getxo, Vizkaia, 2001) e Premio á Mellor Interpretación por Fiesta.