FORMACIÓN ACADÉMICA
2013. Doutor en Filoloxía Galega pola USC (cum laude).
2006. Presentación TIT de investigación na USC (cualificación 10).
2004-2005. Curso Doutorado en Facultade de Filoloxía da USC.
1986. Certificado de Aptitude Pedagóxica da USC.
11/09/1985. Licenciado en Filoloxía (Sección Filoloxía Hispánica, Subsección Galego-Portugués), pola Universidade de Santiago de Compostela.
Xullo 1984 - Setembro 1985. Bolseiro, en alternancia cos estudos de Filoloxía, no Instituto da Lingua Galega, da USC.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Xullo 2009 - actualidade. Xefe de Formación, Selección e Coord. Lingüística CRTVG.
Agosto 2003 - xullo 2009. Xefe de Formación e Selección CRTVG.
Abril 1999 - agosto 2003. Coordinador e Director literario das editoriais Lea e Laverde.
Setembro 1985 - xullo 2003 (con paréntese de Servizo Militar de agosto 1989 a agosto 1990). Asesor lingüista de Radio Galega. Persoal laboral fixo desde 1987.
Ademais de realizar as funcións derivadas da definición da categoría laboral, os catro primeiros asesores lingüísticos da CRTVG definiron o modelo de lingua para medios de comunicación, inexistente ata entón, e preparamos o material preciso para os profesionais da comunicación, en particular o fonético e léxico, precarios naquel momento.
OUTRAS ACTIVIDADES
2001-2002. Responsable do Arquivo Sonoro de Galicia, no Consello da Cultura Galega.
1994-2008. Secretario da Fundación dos Premios da Crítica de Galicia.
1993 - Actualidade. Membro fundador e executivo da Fundación Galicia Empresa.
1993 aprox. - 2002 aprox. Co-asesor (con Manuel González) da materia de lingua da Enciclopedia Galega Universal, Ed. Ir Indo, Vigo.
Na fase embrionaria da Enciclopedia foron seis persoas as encargadas de armar o seu esqueleto e elaborar as primeiras fichas de entradas.
1992-2005. Secretario dos premios Rúa Nova, de narracións xuvenís, en castelán e galego, da Fundación Caixa Galicia, e co-responsable de edición (con Xosé Victorio Nogueira)
1990-2005. Membro da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia.
Primeiras actuacións no ámbito da xustiza.
Primeiras actuacións no ámbito da empresa. Arrancada cos Contos do Castromil e a rotulación dos autobuses cun nome de egrexio da cultura.
1985-2004. Colaborador en Radio Galega de diversos espazos de lingua e literatura, de carácter formativo e divulgativo, ademais de labores xornalísticos de retransmisións de actos culturais.
PUBLICACIÓNS
2004. “Os insultos. Unha cala na súa expresividade”, en A lingua galega. Historia e Actualidade: Actas do I Congreso Internacional (ILGA). Ed. Consello da Cultura Galega, Instituto da Lingua Galega.
2003. Narradio. 56 historias no ar (co-coordinador con Ana Romaní), Ed. Xerais e Radio Galega, Vigo.
2001. Obradoiro de redacción (coautor con Xosé López), Ed. Consello da Cultura, Santiago de Compostela.
1999. Diccionario de uso para a comunicación, Ed. Xerais, Vigo.
1998. Vocabulario dos deportes (coautor con Salvador Pérez), Ed. Lea, Santiago de Compostela.
1998. Encrucillados, Ed. Lea, Santiago de Compostela.
1993. Vocabulario galego da comunicación (coautor con Francisco Campos e Xosé López), Ed. Lea, Santiago de Compostela.
1988. Vocabulario dos deportes, Ed. Consellería de Educación e Ordenación universitaria, Santiago de Compostela.
1986. Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (coautor con Henrique Monteagudo), Ed. Consellería de Educación e Cultura, Santiago de Compostela.
AUDIOVISUAL
2002. Documental de TV Francisco Fernández del Riego.
1990. Documentalista (con Xosé Fortes) e co-guionista (con Valentín Carrera) da serie de TV Os viaxeiros da luz.
PRENSA
2001-2005. Publicación semanal no suplemento literario de El Correo Gallego de colaboracións co título “Borboriños literarios”, sobre temas variados e curiosos da historia de literatura universal.
1986. Actualidade. Publicación diaria de encrucillados e dameiros en galego.
El e Darío Xohán Cabana foron os primeiros en levar ós xornais os pasatempos en lingua galega.