Nace en 1933 en Santiago de Compostela, e en 1952 trasládase a Madrid onde inicia a súa formación artística como escultor, no estudio de Victor de los Ríos (1909-1996).
Os seus primeiros traballos de pintura son óleos.
En Madrid frecuenta galerías de arte, museos e lugares de reunión con artistas da época.
Entre 1956 e 1960 viaxa por países do Mediterráneo e África, onde queda prendado da luz e a paisaxe, que máis tarde reflectirá na súa obra.
Sayáns combina docencia e paixón polos pinceis. En 1960 regresa a Santiago e obtén a praza de catedrático de debuxo no Instituto Politécnico de Santiago.
Dende 2003 e ata o día da súa morte adicaráse en exclusiva á pintura entre o seu estudio en Santiago e o de Cepeda, en Teo.
A súa actividade abarcou docencia, pintura, ilustración de libros, decorados no teatro, carteis, etc.
Realizou exposicións individuais e mostras colectivas en distintos países.