Ingresa no seminario pero abandona ó rematar 4º de Teoloxía, licénciase en Dereito e consegue o doutoramento na Universidade de Madrid (1859). Ese mesmo ano obtén a cátedra de Disciplina Estatística da Universidade de Oviedo, aínda que ó ano seguinte consegue regresar a Santiago. En 1861 ocupa a cátedra de Teoría dos Procedementos e Práctica Forense, en 1864 trasládase a Madrid, ocupa a cátedra de Institucións de Dereito Canónico e abre un despacho. Ingresa en política en 1869, sendo elixido deputado por Pontevedra e ocupa a subsecretaría do Ministerio de Gracia e Xustiza, aprobándose durante o seu mandato varias leis importantes como a da Reforma Hipotecaria, Rexistro Civil, Organización do Poder Xudicial, Enxuiciamento Civil e Organización do Xurado. En 1885, tras varios anos apartado da política e varios cambios de partido, ocupa a carteira de Fomento e convértese pouco a pouco en conselleiro privado da Raíña María Cristina. Tamén ocupa a presidencia do Senado e en 1905 é nomeado xefe de Goberno, aínda que dimitiu uns meses máis tarde.