Ramón Silvestre Verea García


Categoría: Profesor e xornalista
Data de Nacemento: 11 de novembro de 1833 (†† 6 de febreiro de 1899)
Lugar de Nacemento: Curantes - A Estrada (Pontevedra)
 Currículum

Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela e logo comezou estudios eclesiásticos no Seminario, aínda que abandonou en 1854. Un ano máis tarde emigrou a Cuba, onde se dedicou á docencia e ó xornalismo. En 1865 estableceuse en Nova Iorque, onde fundou a revista El Progreso e en 1899 estableceuse en Bos Aires.

Verea García é un personaxe descoñecido para o gran público. Exerceu o periodismo en Estados Unidos e dirixiu varios xornais. Libre pensador e liberal de conciencia que tiña o seu ollo posto nas iniquidades, nas monarquías, nos dogmas, na especulación relixiosa e dos ditadores, aos que combatía coa pluma desde as súas publicacións. Por este motivo tivo que abandonar os Estados Unidos. Olimpio Arca Caldas, historiador estradense, vén de publicar a súa biografía, nunha coedición do Foro E. Peinador, Concello da Estrada e Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ramón Verea foi moito máis ca un  xornalista  combativo; foi un  “investigador artesán”, segundo o profesor Ricardo Gurriarán.  A Verea débeselle a invención da calculadora. Un artiluxio que resolvía operacións consistentes en sumas e restas, inventado por outros con anterioridade, engadíndolle as posibilidades de multiplicar e dividir. A súa calculadora resolvía en dez segundos a difícil operación de multiplicar unha cantidade de dez díxitos por outra de seis. A multinacional IBM garda no seu museo en Nova Iorque a máquina que revolucionou o seu tempo. Malia ter rexistrado este aparello, Ramón Verea morreu na máis absoluta pobreza en Bos Aires, sendo levado o seu cadáver ao camposanto polos dirixentes do partido socialista arxentino.

Na parroquia de Curantes (A Estrada) existe un monumento en lembranza de Ramón Verea García.

 Obras realizadas

Ademais das novelas publicadas en Cuba (La cruz de piedra e Una mujer con dos maridos), publicou as seguintes obras: Contra el altar y el trono; Catecismo librepensador o cartas a un campesino La religión al alcance de todos e En defensa de España. Cuestiones de Cuba y Venezuela. América para los americanos.