Xosé Antón Sarmiento Méndez


Categoría: Letrado Oficial Maior do Parlamento de Galicia
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Títulos Académicos:

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1988)

Diplomado en Práctica Xurídica pola Escola “Montero Ríos” do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. Bienio 1988-1989.

 

Cargos profesionais actuais:

Profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela (España).

Letrado maior do Parlamento de Galicia.

Secretario da Xunta Electoral da Comunidade Autónoma de Galicia.

 Obras realizadas

Publicacións:

Monografías:

Derecho Parlamentario de Galicia. (Editorial Xerais. Vigo. 2001. ISBN 84-8302-660-0).

El Estatuto de Galicia. 20 años de Parlamento y justicia constitucionales. (Editorial Xerais. Vigo. 2003. ISBN 84-8302-975-8).

Repensando la autonomía. Estudios sobre el Estatuto de Autonomía de Galicia. Universidade de Vigo. 2005. (ISBN 84-8158-288-3).

Manual de Derecho Constitucional. Universidade de Vigo. 2010.

Manual do Parlamentario. Parlamento de Galicia. Santiago. 2011.

Manual de actuación del Parlamentario. Editorial El Derecho. Madrid. 2011.

Artigos científicos (cento dous), publicados en obras colectivas e revistas de ámbito autonómico, estatal e internacional.

 

Labores profesionais:

Participou na elaboración de máis de cincuenta leis de Galicia, fundamentalmente no ámbito da Xustiza, Interior, Administración Pública, Industria, Enerxía, Turismo e Comercio.

Integrou a delegación galega nas Conferencias de Asembleas Lexislativas das Rexións de Europa nas súas sesións de Barcelona, Venecia, Trieste e Berlín.

Foi letrado asesor de varias comisións parlamentarias de investigación e desempeñou a asistencia da Comisión de Estatuto dos deputados, encargada de velar entre outros asuntos, polo respecto da lexislación de incompatibilidades e en materia electoral.

Desempeñou durante máis de quince anos as función de Letrado responsable de tecnoloxías da información do Parlamento de Galicia.

 

Conferencias e congresos:

Impartiu numerosos cursos e conferencias en Institucións públicas e Universidades españolas e estranxeiras sobre materias relacionadas co Dereito Público e coas políticas públicas en España.

Responsable organizador de varios encontros científicos sobre asuntos constitucionais e parlamentarios celebrados en España e noutros países europeos e americanos, como directivo da Asociación Española de Letrados de Parlamentos e como representante designado polo Parlamento de Galicia.

Foi distinguido co Diploma de Honra da Asociación arxentina de Dereito parlamentario.