Ramón Rodríguez Ares


Categoría: Empresario
Data de Nacemento: 21 de febreiro de 1940
Lugar de Nacemento: Sada (A Coruña)
 Currículum

Despois de cursar estudios de formación profesional, foi xuíz de paz en Sada de 1975 a 1979, ano no que foi elixido alcalde do Concello de Sada. Ademais, foi deputado entre 1987 e 1995 e Senador por A Coruña na sétima lexislatura polo Partido Popular. É secretario 1º da Comisión Especial para a Prevención de Riscos Laborais e vocal nas Comisións de Asuntos Exteriores e Ciencia e Tecnoloxía. É tamén presidente local do Partido Popular.

 Obras realizadas

É autor das seguintes publicacións: Sada en Venezuela, Sada, Perla de las Mariñas, Los hijos de Sada en América e Historia de Sada.

 Outros datos de interese

É afeccionado á caza, á escritura e á investigación histórica. Foi galardoado con numerosas distincións, entre as que destaca a Medalla Diego de Osorio (Venezuela), Medalla de Prata do Centro Galego de Bos Aires, Cruz ó Mérito Naval con distintivo branco de primeira clase, Insignia de Ouro e Brillantes do Centro Galego de México, Cidadán de Honor da Cidade de Bos Aires, socio de honor das Casas de Galicia New York e España en Newark, Policía Honorario da Cidade de Newark N.J., chave da Cidade de Newark, Cabaleiro da Orde de María Pita (A Coruña) e Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.