Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1975 e doutor pola mesma universidade en 1982, é Catedrático de Ciencias Políticas e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC) e foi vicedecano (1989-1996) e decano da Facultade de Ciencias Políticas (1996-2004). Foi profesor colaborador na Cátedra de CC. Políticas (Facultade CC. Políticas e Socioloxía, Univ. Complutense, 1975-76); profesor axudante (Facultade de Dereito, USC, 1976-1982); profesor adxunto interino (USC, 1982-1983); profesor adxunto contratado (USC 1983-84); profesor titular (con dedicación exclusiva a partir do curso 1984-85 en primeiro e segundo ciclo e en cursos de doutoramento) e profesor de Ciencia Política da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC a partir do curso 1991-92.
Ten publicado varias monografías, entre as que destacan: ‘Las elecciones en Galicia. El Parlamento Gallego’ A Coruña, Nos, 1982; ‘Alfredo Brañas: el ideario político del regionalismo católico-tradicionalista’ Galaxia; ‘Las elecciones generales de 1982 en Galicia’ USC, 1983; ‘O Nacionalismo Galego: organización e ideoloxía (1897-1904)’, O Castro. A Coruña; ‘Discurso, Poder, Sujeto: lecturas sobre Michel Foucault’, USC, 1987; ‘As Institucións políticas no Estatuto de Autonomía para Galicia’, Parlamento de Galicia; ‘Enmanuel Sieyes. Escritos y Discursos de la Revolución’; ‘Nation and Representation’; ‘Los nacionalismos en la España de la II República’; ‘Enmanuel Sieyes: el Tercer estado y otros escritos de la Revolución’; Edición crítica de ‘Sempre en Galiza’; A Idea de Nación Xerais, Vigo, 1996; ‘Identity and Territorial Autonomies in Plural Societies’, London, 2000; … Ademais escribiu artigos en libros colectivos e en revistas.
Realizou os seguintes traballos de investigación: ‘Nationalism and modernity’, Universidad de Cambridge (1980), ‘Sociología electoral de Galicia con el equipo de Estudios electorales de la USC’ (1982), ‘Clientelismo y sistema de partidos: un modelo de análisis’, CIS (1991-1993), ‘Clientelisme et parties politiques Paris’, MSH (1992), ‘Rendimiento Institucional de las Comunidades Autónomas’, ‘La evolución del federalismo de los USA’ (1999) e ‘Desterritorialización de la democracia CICYT’ (2000-2003). Leu relatorios e comunicacións en distintos congresos nacionais e internacionais e recibiu bolsa se axudas á investigación e dirixiu 15 teses de doutoramento.
É membro do ‘IPSA Research Committee on Ethnicity and Politics’, elixido no ‘World Congress Québec’ (2000), reelixido en Durban (2003), membro da Asociación Española de Ciencia Política desde 1997 (reelixido en 2001), membro do ‘ECPR Standing Group on Regionalism and Devolution’; membro da ‘EPsNET European Political Science Network Polis-Episteme Network’; membro do consello de redacción da revista ‘Nationalism and Ethnic Politics’; membro desde 1978 do consello de redacción da revista de CC. Sociais ‘Zona Abierta Madrid’; membro fundador do comité colaborador da ‘Revista Internac de Filosofía Política’ (Madrid e México); membro desde a súa fundación do consello de redacción da revista ‘Telos’ e co-editor da ‘Revista Española de Ciencia Política’ (2003-2007). Traballa como avaliador habitual de artigos para diversas revistas de Ciencia Política. Entre os premios que recibiu destacan: Premio extraordinario de licenciatura (1976); Premio extraordinario de doutoramento (cursos 1981-1982 e 1983); Premio nacional de Teses de Doutoramento da Asociación Española de Ciencia Política á mellor tese española de Ciencia Política lida no curso 1982-1983; Premio Galicia de Investigación en Ciencias Sociais (1986); Premio Estatuto de Autonomía do Parlamento de Galicia (1987) e Premio ó mellor libro de Ciencia Política do año 2002 da Asociación Española de Ciencia Política e da Administración (obra colectiva editada por J. Subirats e R. Gallego, 2003).