José Manuel Martínez Lage


Categoría: Médico
Data de Nacemento: 9 de xullo de 1935
Lugar de Nacemento: Betanzos (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Medicina en 1959 na Universidade de Santiago. Incorporouse ese mesmo ano á nacente Universidade de Navarra onde se doutora e funda, en 1967, o departamento de Neuroloxía, que dirixiu ata 1993. Especializado no Hospital da Salpetrière de Paris e no King's College Hospital de Londres, desenvolve unha ampla actividade docente como profesor ordinario de Neuroloxía. Continua coa actividade investigadora nos campos da Epilepsia, enfermidade de Parkinson e enfermidade de Alzheimer (á que dedica exclusiva atención dende hai catorce anos) e permanente coidado de Enfermos.

 Obras realizadas

Dirixiu trinta e dúas teses doutorais, publicou dezaoito libros, case catrocentos artigos en castelán e cento corenta e oito en inglés. Realizou a tarefa de ser un dos forxadores da Neuroloxía española na segunda metade do século XX e formou a preto dun cento de discípulos. Presidiu a Sociedade Española de Neuroloxía (1979-81), Liga Española contra a Epilepsia (1982-85) e European Association for Clinical Neuropharmacology (1984-86). Foi tamén vicepresidente da World Federation of Neurology (1981-85) e serviu en diversos organismos nacionais e internacionais. É Académico da Real de Medicina e posúe a Cruz de Alfonso X o Sabio.

 Outros datos de interese

Está casado con Amalia Álvarez Moreno e ten oito fillos.