Antonio Reigosa Carreiras


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: En 1958
Lugar de Nacemento: Zoñan, Mondoñedo (Lugo)
 Currículum

Traballa no Museo Provincial de Lugo. É cofundador de "Chaira", grupo de Investigación Etnográfica (Lugo, 1992), participando en campañas de recollida de literatura oral en distintos concellos da provincia de Lugo. É conferenciante e colaborador con traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral en diversos medios de comunicación e revistas especializadas.

 Obras realizadas

É autor dos seguintes libros: Memorias dun raposo, Xerais, Vigo, 1998; Cabalo Buligán (con X. Miranda e X. R. Cuba), Xerais, 1998; Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances (con O. Carnero, X. Miranda e X. R. Cuba); Deputación de Lugo, 1998; Diccionarios dos seres míticos galegos (con X. Miranda e X. R. Cuba), Xerais, Vigo, 1999; Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral (con X. Miranda e X. R. Cuba), Xerais, 2001; Pequena mitoloxía de Galicia (con X. Miranda e X. R. Cuba), Xerais, 2001; Resalgario, Xerais, Vigo, 2001 e Aire Comprimido en "Contos de levar no peto", Xerais, Vigo, 2001. Ten no prelo catro novos números da colección Cabalo Buligán e o libro Candos os animais falaban. Cen historias daquel tempo (con X. Miranda).

 Outros datos de interese

Conseguiu galardóns no concurso "Breogán" de contos do Centro Galego de Baracaldo (1988) e no Certame "Meigas e Trasgos" (Sarria, Lugo, 1989). Conseguiu os premios "Manuel Mato Vizoso" (Vilalba, Lugo, 1989), o "Certamen Nacional de Prensa, Radio y Televisión de Artes y Tradiciones Populares" do Ministerio de Cultura, (Madrid, 1987), "O Facho" (A Coruña, 1989), o "Merlín" de Literatura Infantil e Xuvenil (1998), o "Supernova" de Literatura Infantil e Xuvenil (Televisión de Lugo, 1999) e o "Raíña Lupa" (Deputación da Coruña, 2000).