Estudios de Filosofía e Maxisterio. É profesor en Panxón, Nigrán.
É membro da Fundación Álvaro Cunqueiro, da Fundación Inés Ollero e do Instituto de Estudios Miñoranos. Ten escrito preto de 200 artigos na prensa galega, fundamentalmente no Faro de Vigo e A Nosa Terra. Participou en diversas exposicións colectivas de pintura. É membro do Consello de Redacción da revista humorística "Xo!" e da revista "Gallaecia Norte-Sur".
PREMIOS LITERARIOS:
1985. "O Facho"
1986. 2º Premio "O Facho" / Vila da Estrada.
1988. Café de Catro a Catro.
1990. Premio de Narración galaico-leonés / Premio Xerais.
1991. Premio á comunicación do Museo do Humor de Fene.
1993. Premio Álvaro Cunqueiro.
1996. Premio García Barros.
1998. Premio Manuel Murguía / 2º Premio Pedrón de Ouro.
NOVELAS:
1988. "Peito de Vimbio", Ed. Xerais.
1990. "As baleas de E. Reinero", Ed. Xerais. Vigo.
1996. "O Espírito de Bronstenac", Ed. Xerais. Vigo.
2000. "O Bosque de Levas", Ed. Cumio. Vigo.
LIBROS DE RELATOS:
1992. "O Eco de Ramallón", Ir indo, Vigo.
1995. "Catapulta", Ed. Xerais. Vigo.
1996. "Xente de mala morte", Galaxia. Vigo.
1998. "Contos Mamíferos", Cumio. Vigo.
Diversos contos en obras colectivas.
POEMAS:
1998. "Na Flor do Vento", Espiral Maior, A Coruña.
1996. É autor da Biografía de X. Mª Álvarez Blázquez, Ir indo, Vigo.
Fillo do autor citado, traduciu duas novelas del ó galego: "Na vila hai caras novas" e "Enchen as augas" (Ed. Ir indo). Ten escritos contos infantís, entre os que se pode salientar "Os nenos que plantaron a pedra de auga", Galaxia. Vigo, 1997.
Ten dado diversas conferencias sobre literatura e participado con asiduidade nos Congresos de Galeuzka.