Ramón Armada Teijeiro


Pseudónimo:Chumín de Céltigos
Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 14 de setembro de 1848 (†1 de xullo de 1920)
Lugar de Nacemento: Ortigueira (A Coruña)
 Currículum

Tras emigrar a Arxentina cando tiña dezasete anos, regresou a Galicia e volveu a emigrar a Cuba en 1878, onde casou e tivo fillos. Ó producirse a independencia de Cuba volveu a Galicia e viviu varios anos en Ortigueira, onde foi xuíz municipal e secretario do concello. Tamén fundou o semanario El Eco de Ortigueira. En 1909 volveu a Cuba e alí permaneceu ata a súa morte. Estudiou Xornalismo, desempeñou varios cargos en asociacións galegas e fundou o xornal mensual A Gaita Gallega.

 Obras realizadas

Publicou as seguintes obras en castelán: Galicia, su agricultura, industria y comercio, Misión del Municipio y su importancia como órgano social, Memorias del Centro Gallego de La Habana, Galicia en 1907-1909, Efemérides de ortigueira y labor nmoralizadora de las sociedades gallegas en América. En galego publicou a obra teatral Non máis emigración (1886) e os libros de poesía Caldo de grelos (1895), Aturuxos (1898) e Da Terriña (1918).