É profesor de Lingua e Literatura Galegas e licenciado en Xeografía e Historia, sección de Historia da Arte. Ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións, é colaborador habitual en xornais e revistas.
Entre os seus libros destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega, en colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro (NigraTrea, 2004); Breve historia da arte galega (NigraTrea, 2005); Maruja Mallo, a pintura da nova muller (NigraTrea, 2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (Ed. NigraTrea, Vigo, 2011) e Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento, 2016).
No ámbito dos estudos literarios publicou, entre outros, De catro a catro de Manuel Antonio (Edicións do Cumio, 1991); A emoción da Terra. Poesía de Vicente Risco (Espiral Maior, 1994); Cincuenta anos de poesía galega II (Penta, 1994); Romanceiro en lingua galega, en colaboración con X. R. Mariño Ferro (Xerais, 2002) e as edicións literarias da Poesía galega de Lorenzo Varela (Xerais, 1990); Fírgoas de Manuel Luís Acuña, en colaboración con Ramón Nicolás (Xerais, 1992); Obra dramática de Ramón Cabanillas, en colaboración con Manuel F. Vieites (Xerais, 1996); A pega rabilonga. Os ruíns de Xosé María Álvarez Blázquez (Galaxia, 2008) e Samos de Ramón Cabanillas (Xerais, 2009).
Das súas publicacións en catálogos e comisariados destacan Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano (1930-1970) (Marco e Fundación Luís Seoane, Vigo-A Coruña); Álvaro de la Vega (Fundación Caixanova, Vigo); Carlos Maño, tránsitos (Deputación de Ourense); Luces atlánticas. Cecilio Chaves (Fundación Caixanova, Vigo); Carlos Sobrino (Fundación Caixanova, Pontevedra-Vigo); De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a arte galega de posguerra (Fundación Laxeiro-Parlamento de Galicia, Vigo-Santiago de Compostela); Seoane. Razón e compromiso (Fundación Caixanova, 2010); Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950 (Fundación Novacaixagalicia, Santiago de Compostela-Pontevedra, 2011); O fermoso rostro do país, exposición inaugural da Pinacoteca Fernández del Riego. Museo da Cidade Quiñones de León, Vigo, 2011-2012; Colmeiro, paisaxe que sabe a pan, Circulo das Artes, Lugo, 2012; Lito Portela. Espiñas coroadas (Universidade de Vigo, Campus de Ourense, 2012); Colmeiro. Olladas á colección I, (Pinacoteca Fernández del Riego, Vigo, 2012); Antonio Fernández, pintor de tres mundos (Goián, Concello de Tomiño, 2013); Imeldo Corral, paisaxista da Irmandades (Ferrol, Fundación Novacaixagalicia, 2013); O bodegón oculto. A natureza morta na arte contemporánea galega (Fundación Novacaixagalicia, A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, 2014-2015), Antón Pulido. Antolóxica (Afundación, Vigo-Ourense, 2014-2015); Lago Rivera. No principio dun mundo (Afundación, A Coruña-Vigo, 2016), Alfonso Sucasas, o costumismo transcendido (Deputación de Lugo, 2016), Xesús Corredoyra e o simbolismo na pintura galega (Afundación, Lugo e Santiago, 2016-2017).
Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento Faro da cultura do xornal Faro de Vigo.