José Manuel Otero Lastres


 Currículum

-Catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Alcalá de Henares desde 1986.

-Decano da Facultade de Dereito da Universidade de León desde 1981 ata 1985.

-Catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de León en abril de 1981 por concurso acceso.

-Profesor Agregado de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela por concurso oposición en abril de 1979.

-Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en setembro de 1973.

-Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en xuño de 1969.

 Obras realizadas

PREMIOS DOCENTES OU DE INVESTIGACION

-Premio extraordinario de licenciatura en Dereito o 2 de novembro de 1969.

-Premio extraordinario do Doutorado obtido o 27 de abril de 1975.

-Premio de investigación “Castro Canosa” á mellor obra publicada na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago en 1977.

 

PUBLICACIÓNS

É autor de varios libros e de máis de setenta artigos publicados en revistas españolas e estranxeiras, tanto en lingua española como en lingua alemá, francesa, italiana, portuguesa e inglesa.

 

OUTROS MÉRITOS

-Membro do Consello Asesor Internacional do Master en Propiedade da Universidade do Rosario en Bogotá (Colombia).

-Profesor ordinario do Magister Lucentinus.

-Corresponding member do Institut of International Business Law and Practice da Cámara de Comercio Internacional.

-Presidente da Comisión de Estudos e Publicacións da Corte Española de Arbitraxe.

-Membro fundador de la International Association for the Advancement of Teaching and Research in Intellectual Property, con sede en Xinebra.

-Membro do Instituto de Dereito Industrial de la Universidade de Santiago de Compostela.

-Bolseiro do Instituto Max-Plack de Dereito Industrial de Munich en 1974.

-Bolseiro do Ministerio de Educación e Ciencia desde 1970 ata 1973.

 

AVOGADO EN EXERCICIO

-Avogado en exercicio do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid.

-Presidente da Sección Segunda do Xurado de Autocontrol.

 

CARGOS EDITORIAIS

-Foi director da revista xurídica La Ley desde 1985 ata 1995.

-Actualmente é membro do Consello Asesor desta Revista.

-Director da Revista da Corte Española de Arbitraxe.

-Membro do comité de redacción da revista “Abogados” editada polo Consello Xeral da Avogacía Española.

 Outros datos de interese

-Condecorado coa Cruz ao Mérito no Servizo da Avogacía, imposta o 3 de maio de 2010. Impartiu numerosísimas conferencias en España, Italia, Francia, Portugal e en diversos países de Hispanoamérica.

-Foi secretario xeral do Real Madrid, Club de Fútbol durante os anos 1990-92.

-Foi vicepresidente do Comité Español de Disciplina Deportiva desde 1995 ata 2001.

-Conferenciante habitual en España, Italia, Francia, Portugal e en diversos países de Hispanoamérica.

-Na actualidade é membro da xunta directiva do Real Madrid Club de Fútbol.

-É autor de tres obras literarias: “Carta a Miguel y otros cuentos”, “Puentes de Palabras” e “Las nubes pueden ser gemelas” e da novela “La niña de gris”.

Blog: PUENTES DE PALABRAS.