Realizou estudos no Seminario de Lugo ata 5º de Bacharelato, 6º e COU realizounos no Instituto Mixto de Melide. Durante 1974 e 1975 traballou no Gran Hotel Victoria de Madrid. En 1976 realizou o servizo militar en San Clemente de Sasebas (Gerona). En 1977 aproba as oposicións para funcionario e desde 1978 desempeña o seu traballo en Vitoria. En 1989 faise socio do Centro Galego de Vitoria, desempeñando os cargos de tesoreiro e secretario en diferentes directivas. Desde xaneiro de 1998 é presidente do Centro Galego de Vitoria (Álava).
No ano 2002 foi nomeado Cidadán de Honra de Melide por acordo do concello da súa cidade natal, facéndolle entrega ó alcalde e cinco concelleiros dese recoñecemento nun acto celebrado no Centro Galego de Vitoria.