Xaime Fandiño Alonso


Categoría: Profesor, director de cine e realizador
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É técnico especialista en Electrónica de Comunicacións (Centro Fp Meixueiro de Vigo, 1984), licenciado en Xornalismo (Universidade de Santiago de Compostela, 1995) e doutor en Comunicación Social Audiovisual (Universidade Complutense de Madrid, 2000, coa cualificación de cum laude). Realizou tamén un curso de Metodoloxía Didáctica de Formación de Formadores (INEM, 1997) e o Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP) da Universidade de Santiago (1997).

 Obras realizadas

Durante os cursos académicos 1999/2000 e 2000/2001 foi profesor asociado na área de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Facultade de Publicidade e Relacións Públicas de Pontevedra, no curso 2001/2002 profesor titular interino na área de Comunicación Audiovisual e Publicidade na mesma facultade. Durante o bienio 2001/2002-2002/2003 será o profesor do Curso de doutoramento na Universidade de Vigo: "Realización e producción audiovisual. Da Electromecánica á Multimedia". Durante o curso 2000/2001 foi profesor asociado de Comunicación Audiovisual no Instituto Superior de Maia (ISMAI) en Oporto-Portugal. En agosto do ano 2001 viaxou cunha bolsa AECI a México ó Instituto Tecnolóxico e de Estudios Superiores de Monterrey para impartir docencia nas materias de Producción de Vídeo e Producción Multimedia. Na Televisión de Galicia, foi director dos programas: A tumba aberta, A toda máquina, velaí, Unha de romanos, O tesouro (Ánxel Fole), Chambo, Comediantes e Vivir en Manhattan. De 1990 a 1994 foi xefe de realización e edición de informativos e deportes e en 1996 coordinador do departamento creativo de deseño gráfico. Foi, ademais, realizador de diferentes eventos (entre 1987 e 2001) electorais, deportivos, informativos, musicais, institucionais, entretemento, ...

 Outros datos de interese

Realizou, así mesmo, campañas de producción promocional e publicitaria, proxectos de investigación na "Cátedra Filgueira Valverde" durante os anos 2001 e 2002 como investigador titular e no "Proxecto I+D Universidade de Vigo e Televisión de Galicia". Foi galardoado cos seguintes premios: OP-ART ó mellor programa de TVG por A Tumba Aberta (1987); TP ó mellor programa musical por A toda máquina (1988) e AGAPI á mellor producción de televisión por Chambo (1999).