Xosé Luís Vilela Conde


Data de Nacemento: 11 de marzo de 1957
Lugar de Nacemento: Muxía (A Coruña)
 Currículum

Comezou a traballar na profesión xornalística ós 18 anos. Publicou a súa primeira información en decembro de 1975, nas páxinas de 'La Voz de Galicia', e dende aquel momento quedou vencellado ó rotativo coruñés, do que agora é director. Ó longo deste tempo desempeñou funcións de responsabilidade en case tódalas seccións do xornal. Primeiro especializouse en Cultura e fixo crítica de arte, de libros, de televisión e de teatro; como crítico teatral recibiu o Premio Galicia de Xornalismo no ano 1987.

Logo se especializou en Edición. Durante o ano 1991 preparou o redeseño global do xornal, que se estrenou en xulio de 1992, e en 2002 dirixiu o novo redeseño; o actual acometeuse na súa etapa como director. Levou a cabo diversos proxectos editoriais, como o Anuario de 'La Voz de Galicia' e a 'Guía de Galicia'.

Tamén é autor de varios libros. Entre estes destaca o 'Manual de Estilo de La Voz de Galicia', publicado en 1992, primeira obra que estableceu as pautas de traballo da Redacción do xornal.

Impartiu as asignaturas de 'Análise Hemerográfico' e 'Taller de Prensa' a varias promocións do Máster en Medios de Comunicación.

En 1995 foi nomeado redactor xefe; subdirector en 1997, director adxunto en abril de 2001 e dende marzo do 2006 é director.

Premio Diego Bernal 2019 da Asociación de Xornalistas de Galicia.

 Outros datos de interese

Está casado e ten tres fillos.