Nacido en Vilalba, actualmente reside en Madrid a onde se trasladou a cursar estudios de Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense.
Actualmente traballa nesta mesma universidade, en xestión e planificación.
Desde a súa chegada a Madrid asiste á tertulia de galegos do Café Comercial e foi alí onde comezaron as súas inquedanzas poéticas pasando a formar parte do Grupo Bilbao.
Ten publicado os poemarios: Onte Chovia (ACEF 2000), Lembranzas e olvidos dun extraño (ACEF 2001), Da Chá ao lonxe (Instituto de Estudos Chairegos, 2011), Axóuxeres da melancolía (Lastura 2013) e Farewell (Adeshoras 2014).
Asimesmo, ten colaborado nas revistas Madrygal, revista de estudos galegos da Universidade Complutense de Madrid e Xistral, revista de creación literaria do Concello de Lugo.
Ten participado en moitas antoloxías como: Muller de doce sal e neve mol (vtp Ediciones, 2000), Marés nos pousos de café (Taller del poeta, 2010), Bilbao, antología de la poesía gallega en Madrid (Amargord, 2012), Hipnotopía en doses pequenas (Lastura 2013) e Esferografías (Lastura 2014).