Edelmiro Ulloa Rodríguez


Categoría: Crego
Data de Nacemento: 18 de agosto de 1933 († 8 de outubro de 2021)
Lugar de Nacemento: Xián, Taboada (Lugo)

Opinión
 Currículum

Naceu nunha familia humilde de oito irmáns. En 1948 ingresou no Seminario de Lugo, sendo ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1960. Entre 1960 e 1964 foi párroco en Antas de Ulla (Lugo). En 1964 foi nomeado director do Seminario Conciliar, cargo que desempeñou ata 1980. Entre 1966 e 1968 ampliou os seus estudios en Roma e licenciouse en Sagrada Teoloxía pola Universidade Gregoriana. En outubro de 1980 foi nomeado Capelán do Hospital Xeral de Lugo. Entre os cargos que ten ocupado, podemos destacar: Delegado e visitador de relixiosas na provincia de Lugo, delegado da Pastoral Vocacional, delegado de Relacións Ecuménicas entre Confesións Cristiás, profesor do Seminario de Lugo e cofundador do "Poblado de Nazaret" para a atención e promoción da etnia xitana. Foi capelán no Hospital Xeral de Lugo, delegado de Pastoral da Saúde, consiliario da Asociación de Viúvas "Julia Minguillón" (dende 1977), presidente da "Coral do Hospital Xeral-Calde", director do grupo de teatro "Lucho" no hospital, animador do voluntariado e Pastoral da Saúde para o coidado do enfermo no Hospital, Residencias e domicilio, e colaborador de "AUXILIA" e "Hospitalidad de Lourdes".

 Obras realizadas

En 1991 crea a Coral do Hospital coa que ten viaxado por Europa e actuado en París, Roma, Vaticano e Lisboa. Teñen en proxecto visitar Arxentina cun repertorio de 120 pezas. En 1993 crea o Grupo de Teatro Lucho do Hospital, co que percorre diversos Concellos de Galicia interpretando obras como: 'O enfermo imaxinario' (Molière), 'O menciñeiro á forza' (Molière), 'O cego de Fornelos' (M. Varela Buján), 'Ganas de reñer' (A. Quintero), 'A Pousadeira' (Carlo Goldoni), 'Armando Gresca' (A. Ortega) e 'Entre zánganos e Flores'.

 Outros datos de interese

No 2006 recibe unha homenaxe polos seus 25 anos no Hospital.