Residente no Ferrol dende 1944. Ex traballador da Empresa Bazán. Exmilitante do Partido Comunista de Galicia. Posteriormente afiliouse ó PSOE. Fundador das CC.OO. de Galicia, foi detido en diversas ocasións e procesado no "Xuízo dos 23” en 1972.
Foi directivo da Asociación Cultural "Fuco Buxán", membro do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", na defensa da Ría fronte á Planta de Gas de Reganosa.