Pedro Emilio Sanz Sánchez


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 12 de xaneiro de 1942
Lugar de Nacemento: Ferrol
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Profesor e Membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Actualmente é director de "Galicia Ártabra" diario ferrolano dixital e Secretario Xeral da Sociedade Artística Ferrolana-SAF.

Foi profesor en varios centros galegos, o último o CPI de Atios-Valdoviño.

Fundador en Ferrol de Coalición Democrática Alianza Popular, e do equipo xuvenil "Amboage". Vicepresidente do "Ferrándiz" CF.

Foi concelleiro do concello de Ferrol, xefe de gabinete na Consellería de Industria da Xunta de Galicia, Presidente do Real Coro "Toxos e Froles" (1999-2009), redactor no Ideal Gallego e colaborador en distintos medios e axencias informativas. Presentador e director de programas na televisión de Ferrol-c-31 e na de C-29 e Localia TV.

Foi un dos fundadores do Centro ártabro de estudos, da OPAM (Obra Para Ayuda a los Muchachos) e do Grupo 19 dos Scouts de España.

É Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago; socio de honra do "Rancho da Praça" de Vila do Conde e das agrupacións de La Habana "Artística gallega", "Rosalía de Castro" e "Federación gallega de Cuba"; presidente de honra da Cofradía da Merced; "Paleta de prata" da Sociedade Artística Ferrolana", Presidente da A.C. "Galicia Ártabra".

Posúe a Cruz con distintivo branco da Orde da Garda Civil (2016), o título de "Amigo da Infantería de Marina" (2017), o Diploma de honra dos Premios Virxe do Carme da Armada Española (2018) e a Cruz do Mérito Naval con distintivo branco (2020).