Fausto Galdo Fernández


Categoría: Médico
Data de Nacemento: En 1944 († 5 de novembro de 2012)
Lugar de Nacemento: Viveiro (Lugo)
 Currículum

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago en 1968, especializouse en Reumatoloxía na Universidade de Barcelona en 1972 e doutorouse, tamén na Universidade de Santiago, en 1994. Foi xefe do servizo de Reumatoloxía no “Hospital Juan Canalejo” da Coruña e profesor asociado da Universidade da Coruña (Facultade de Ciencias da Saúde). Foi ademais académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (2001) e académico correspondente da Real Academia Galega (2003).

 Obras realizadas

Baixo a súa dirección formáronse dezasete especialistas en Reumatoloxía polo sistema MIR que traballan en Galicia e léronse nove teses de doutoramento. Publicou máis de cento cincuenta artigos profesionais, trinta e oito deles en revistas estranxeiras de máximo impacto e trece capítulos de libros. Ademais, participou en máis de trescentas comunicacións a congresos da súa especialidade. Polo que respecta ós seus libros publicados, destacan fundamentalmente: ‘Reumatismo en Galicia’ (Colección Galicia Médica. Disposta pola Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia), Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa, A Coruña, (1980); ‘Pintores y pintura de Viveiro’, Edicións do Castro, Sada, (1992); ‘Introducción a la historia de las aguas minerales de Galicia’ (Publicacións do Seminario de Estudios Galegos (5)), Edicións do Castro, Sada (1995); ‘A Coruña en la historia de la viruela’, Carlos González Guitián, Fausto Galdo, Biblioteca Coruñesa, Via Láctea Editorial, A Coruña (1996); ‘A memoria de Lugo’, Carlos Díaz Martínez. Paco Martín. Fausto Galdo. Manuel María. Lois Diéguez, Xerais Galicia, Vigo (2000); ‘Quinientos años de Reumatología en Galicia’ (Discurso para a recepción pública do académico electo), A Coruña (31 de outubro 2001). Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia; ‘Bibliografía gastronómica de Galicia’, Fausto Galdo. Guillermo Escrigas, Bibliografía de Galicia 20. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Santiago de Compostela (2003) e ‘A memoria de Viveiro’, Fausto Galdo. Carlos Díaz, Edicións Xerais de Galicia, Vigo (2004).

 Outros datos de interese

Foi galardoado co Premio Barrié de la Maza, (Real Academia de Medicina de Galicia, 1979), o Premio Nacional de Gastronomía de Galicia (Lalín, 1999) e a Folla de Prata do Albariño (Cambados, 2000). Ademais, foi membro do Seminario de Estudos da “Terra de Viveiro” (coordinador de publicacións), membro da Academia Galega de Gastronomía e Irmandinho dos Vinhos de Galicia.