Pedro Armestre


Categoría: Fotógrafo
Data de Nacemento: En 1972
Lugar de Nacemento: A Rasela, Verín (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Blog

Web

Facebook

Twitter
 Currículum

Fotógrafo profesional desde o ano 1993, comezou a súa andadura no laboratorio da Axencia Europa Press para continuar na Axencia Cover, Diario El Mundo e a revista Interviú. Desde 2003 está dedicado á axencia Internacional France Presse e recentemente compaxina esta actividade coa realización de contidos multimedia destinados á televisión e outras canles de información en colaboración con www.calamar2.com

Desde os seus comezos profesionais mantén unha estreita colaboración con distintas organización para quen realiza traballos de documentación, destinada a medios de comunicación, exposicións, informes técnicos...

Ao longo da súa carreira realizou traballos fotográficos para empresas de distinta índole, ao igual que para diversos medios de comunicación.

Destacan publicacións en todo o mundo grazas á axencia AFP e outras canles de distribución.

É socio fundador, coa xornalista Susana Hidalgo, da revista digital Calamar2 especializada en temática social medioambiental.

2003 e 2006: Premio Tiflos de fotoxornalismo (ONCE) na categoría de reportaxe.

2006: Photoespana. Exposición “La naturaleza fuera de sí”

2007: Photoclima (libro) Imaxes dun futuro afectado polo cambio climático.

2007: Exposición: “Iberia Desertizada”, Xixón.

2008: “H2O a toda costa”, proxecto fotográfico aéreo que destaca os valores naturais da costa peninsular e as illas. B/N

2008: Exposición Photoclima no Xardín Botánico de Xixón (en itinerancia)

2008: Premio internacional “San Fermín Gavanna Lounge”

2008: Mención especial da XIV Edición FOTOCAM08 (A excelencia en fotografía de natureza) na categoría creativa.

2008: Segundo premio “Emergencias 112” pola cobertura dos incendios que asolaron a península durante o ano 2009.

2010: Segundo clasificado Luis Ksado. “La supervivencia del mar”.

2010: “La supervivencia del Mar”, Exposición Parlamento Europeo (Bruxelas)

2010: “Detrás del objetivo”, Primeira incursión no documental. Un documento visual onde mostra a desesperación dos veciños e os esforzos dos membros dos distintos corpos que traballan na extinción de incendios forestais que asolaron Galicia.

2011: Ganador do premio "A imaxe de Galicia" do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

2011: Libro Plaza Tomada.

2012: Premio Batefuegos de Oro 2012 na categoría Divulgación (prensa escrita, vídeo e web)

2012: Exposición e segunda edición do libro Plaza Tomada. Photon festival (Valencia)

2013: Mención de honra na categoría de Medio Ambien Pictures of the year POY Latam.

2013: Segundo premio en Noticias do certame de fotoxornalismo estacao-imagem e terceiro en Medio Ambiente.

2013: A xornalista Susana Hidalgo e o fotógrafo Pedro Armestre forman Calamar2 e foron galardoados co Premio de xornalismo de Manos Unidas polo reportaxe Amina, a única muller do Gurugú.

2013: Incluido na X-photographers de Fujifilm.

2014: Fotografía do ano de actualidade 2013. Primeiro premio Foto Nikon.

2014: Premio de Xornalismo “Toda una vida para mejorar” da organización Feafes pola serie de reportaxes Rostros pola Saúde Mental.

2014: Primeiro premio do Pictures of the Year Internationa POYi na categoría Science & Natural history picture story.

2014: Exposición en The Newseum in Washington. Consecuencias do cambio climático no círculo polar Ártico premiado en POYi.

2014: Premio Rey de España de Xornalismo categoría fotoxornalismo.