Pedro Antonio Sánchez Vahamonde


Categoría: Crego
Data de Nacemento: 10 de xuño de 1749 (†4 de outubro de 1806)
Lugar de Nacemento: Curtis (A Coruña)
 Currículum

Obtivo unha bolsa de colexial en Fonseca, estudiou Retórica e Teoloxía na Universidade, onde obtivo o grado de doutor e foi ordenado sacerdote. Ocupou o cargo de xuíz eclesiástico. En 1783 foi nomeado racioneiro, 5 anos máis tarde cóengo da catedral de Santiago de Compostela e en 1795 académico correspondente da Academia de Historia e socio de mérito da Sociedade Económica Madrileña. En 1784, fundou, xunto con Páramo e Somoza, a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, que presidiu en 1789. Dependendo da Real Sociedade, creou en Santiago de Compostela unha academia de debuxo, axudou á creación dunha estrada, axudou a estudiantes pobres e fundou unha academia de Grego para os alumnos que querían entrar na Universidade. En 1806, creou unha biblioteca co seu diñeiro e á que destinou a súa propia biblioteca.

 Obras realizadas

Entre as súas obras máis importantes podemos destacar: Memoria anónima bajo el nombre de Antonio Filántropo sobre el modo de fomentar entre los labradores de Galicia los curtidos; Memoria sobre los ganados de Galicia, considerados relativamente a la Economía Política e Representación al inmortal rey Carlos III.

 Outros datos de interese

Foi un dos defensores da desaparición das estructuras feudais para que a sociedade en xeral e a economía puideran progresar.