Chegou a América en 1871 para participar na delimitación das colonias españolas e portuguesas do Río da Prata, foi destinado á Escola de Náutica de Bos Aires, da que foi director e onde deu clases de Xeometría. En 1906, tralo primeiro ataque dos ingleses a Bos Aires, foi nomeado coronel en xefe do Tercio de Galegos por Santiago de Liniers, conseguindo derrotar ós ingleses en setembro dese mesmo ano. Despois continuou a súa carreira militar e elaborou os planos para construí-lo peirao de Bos Aires. En 1814 elaborou un detallado plano topográfico da cidade.
Foi un gran coñecedor das linguas indíxenas que se falaban nas proximidades da capital.