Antonio José Meilán García


Pseudónimo: Antón Meilán
Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: En 1950
Lugar de Nacemento: Mondoñedo (Lugo)
 Currículum

Toda a súa actividade investigadora desenvólvese no Departamento de Lingua Española da Universidade de Oviedo, dirixido hai anos polo doutor D. Emilio Alarcos Llorach, funcionalista. Posteriormente faríase cargo o doutor D. José A. Martínez, creador do grupo de Investigación LinFunEs (Lingüística Funcional del Español), do que dende o curso 2016-2017 ata o 2019-2020 foi o seu responsable.

Licénciase en Filoloxía Románica coa tesina titulada 'Arcaísmo y conservadurismo lingüístico en el Concejo de Castropol' (1979-1980). Por este traballo recibe o premio extraordinario fin de carreira e supón o inicio de posteriores investigacións dialectolóxicas sobre o galego de Asturias, variedade lingüística sobre a que escribiu varios artigos e interviu na elaboración e publicación dunhas 'Normas Ortográficas' (1990). Foi profesor invitado pola Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo para participar nun ciclo de conferencias que levaban por título 'As outras linguas de España e Portugal'. Nelas expuxo unha comunicación titulada 'A situación do galego en Asturias' o 15 de Abril do 2006.

Un segundo traballo que marcou a súa investigación foi a súa tese doutoral. Enmárcase dentro da morfosintaxis histórica do español e titúlase 'La oración simple y compleja en la prosa castellana del siglo XV' (1989). É neste campo da gramática diacrónica no que desenvolveu a meirande parte da súa investigación, estudos gramaticais que tamén leva a cabo en sincronía.

Debido á súa orixe e procedencia (Mondoñedo, 1950), participou en traballos sobre escritores natais así como sobre a figura do mariscal Pardo de Cela. Por elo, foi profesor invitado pola Universidade de Santiago para impartir unha conferencia 'Pardo de Cela: da Historia ao mito', o 24 de Febreiro do 2010.

Sobre sintaxis histórica, dirixiu varias das antigas tesinas e traballos de investigación dende o curso 1992 ata a actualidade. Impartiu conferencias na Universidade de Málaga (1999), Vigo (2006) e Santiago (2010) e cursos monográficos de doutorado dende o curso 1990-1991 ata o curso 2008-2009.

Participou nun proxecto de investigación que levaba por título 'Gramática de uso del español actual' PB90-0942, financiado pola Dirección Xeral de Investigación Científica e Técnica do Ministerio de Educación e Ciencia entre os anos 1991-1994. Formou parte dun equipo que participou dun contrato coa Empresa Ediciones Nobel (2002-2003) para facer unha Enciclopedia Práctica do idioma español (EPIE). Fruto deste traballo e contrato, é coautor do libro 'Construir bien en Español. La Forma de las Palabras', Ediciones Nobel Ediuno, Oviedo, 2004, co capítulo 'La creación de palabras', páxs. 261-334. ISBN: 84-8459-193-X.

En novembro de 2010 imparte un curso de 'Técnicas de redacción para acceder al cuerpo de policía municipal' na 'Escuela de Seguridad Pública'. La Morgal, Lugo de Llanera (Asturias).

- Nos cursos 2015-2016, 2016-2017 e 2017-2018 foi profesor no proxecto de tipo B (PINNB) na Facultade de Formación do Profesorado, co título 'Estrategias expresivas: interdisciplinaridad y convivencia en las aulas desde la música'. Este proxecto impártese dende o Dpto. de Arte e Musicoloxía da Universidade de Oviedo e participa nel dando un 'Taller de Ortografía y Gramática'.

- Da a conferencia inaugural do Máster Internacional en Lingua Española e Lingüística (LELin) da Universidade de Oviedo, Curso 2016-2017, co título "Historia de la partícula llamada 'artículo' ".

 Obras realizadas

PUBLICACIÓNS:

2021- A toma de dona Constanza de Castro da fortaleza de Vilaxoán. Loita, resistencia e morte. Servicio de Publicacións. Deputación Provincial de Lugo. (En prensa).

2021- «O cerco á fortaleza de Vilaxoán: a toma e resistencia de dona Constanza de Castro e Fernán Ares despois de Pardo de Cela», Murguía, Revista Galega de Historia. (En prensa).

2021- «Artículo y preposiciones, sustitutos de los casos latinos: su adaptación en el castellano» en Morfemas, clases de palabras y funciones oracionales en español. Estudios funcionalistas, Madrid – Frankfurt, Iberoamericana Vervuert, 2021. (En prensa).

2019- Os últimos días do Mariscal (O testamento e a Igrexa mindoniense), Cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro, 9, Sociedade. Seminario de Estudos do Valadouro, 2019. ISBN: 978-84-09-12499-2.

2019- «Pervivencia e innovación en las construcciones comparativas, con atención a las no subsistentes», Estudios Lingüísticos en Homenaje a Emilio Ridruejo, Coordinadores: Antonio Briz et alii, Universitat de València, T. I, 2019, 535-550. ISBN: 978-84-9133-238-1. (En colaboración con García García, Serafina y Martínez, José Antonio).

2018 -«Denominaciois de enfermidades e tipoloxías do gado vacún en galego de Asturias», LIMBA NOASTRA-I O COMOARA…, Estudos de sociolingüística románica en homenaxe a Francisco Fernández Rei, Universidade de Santiago de Compostela, 2018, páxs. 289-305. ISBN: 978-84-16954-99-5. (En colaboración con Ramiro Xabier Barcia López).

2016 -«Los adverbios medievales suso y yuso. Morfosintaxis y desaparición» en Revista de Historia de la Lengua Española, N.º 11, 2016, págs. 89-112. ISSN: 1886-7081.

2015 -«Transposición de sustantivos a categoría adverbial y formación de adverbios, en textos del siglo XIII» en Studium grammaticae. Homenaje al profesor José A. Martínez, Universidad de Oviedo, 2015, págs. 561-580. ISBN: 978-84-8317-982-6.

2014 -«A poesía de Leiras Pulpeiro aos cen anos da súa morte. Algúns recursos gramaticais» en Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912). O poeta e o cidadán ao cabo dun século. Coordinación da edición: Xe Freyre e Abel Vigo García. Deputación de Lugo, 2014, páxs. 121-136. ISBN: 978-84-8192-503-6.

2014 -«O outro Leiras Pulpeiro. As penas e sufrimentos na súa poesía» en Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912). O poeta e o cidadán ao cabo dun século. Coordinación da edición: Xe Freyre e Abel Vigo García. Deputación de Lugo, 2014, páxs. 207-214. ISBN: 978-84-8192-503-6.

2013 -«Función y combinatoria de delante y adelante en la prosa alfonsí», A Life In Language Estudios en homenaje al prof. J. L. González Escribano, Oviedo (EdiUNO), 2013, págs. 337-347. ISBN: 978-84-8317-982-6.

2012 -«Léxico, sintaxis y semántica de algunos transpositores complejos» en Cum corde et in nova grammatica. Estudios ofrecidos a Guillermo Rojo (eds. Tomás Jiménez Juliá, Belén López Meirama, Victoria Vázquez Rozas, Alexandre Veiga), Universidade de Santiago de Compostela, 2012, págs.571-584. ISBN: 978-84-9887-914-8. ( P.o. de firma): José A. Martínez, Alfredo Álvarez Menéndez, Félix Fernández de Castro, Antonio Fernández Fernández, Serafina García García, Hortensia Martínez García y Antonio J. Meilán García, Javier San Julián.

2012 -«El relativo cuyo en castellano antiguo y renacentista» en Actas del VIII Congreso Internacional de Historia de la Lengua Española, Santiago de Compostela, 2012, págs. 971-982. ISBN: 978-84-940469-2-6.

2011 -«El Libro de las Constituciones de D. Gutierre de Toledo, obispo de Oviedo (1377-1389). II Estudio morfosintáctico. La oración simple», Revista de Filoloxía Asturiana, 11/12, 2011/2012, págs. 111-143. ISSN: 1578-9853.

2011 -(p.o. de firma): José A. Martínez, Alfredo Álvarez Menéndez, Félix Fernández de Castro, Antonio Fernández Fernández, Serafina García García, Hortensia Martínez García y Antonio J. Meilán García, «Construcciones comparativas: centro, periferia y límites» en 60 problemas de gramática, dedicados a Ignacio Bosque, (edits. Escandell Vidal, M. V., Leonetti, M., Sánchez López, C.), Madrid, Akal/Lingüística, 2011, págs. 285-295. ISBN: 978-84-460-3427-8

2010 -«La expresión adverbial cuando niño», Verba, Santiago de Compostela, 37, 2010, págs. 221-244. ISSN: 0210-377X.

2010 -«O mariscal D. Pero Pardo de Cela. (Un rebelde contra a Igrexa mindoniense e os Reis Católicos)», Casa hamlet, Revista de teatro. N.º 12- Maio, A Coruña, 2010, páxs. 40-43. ISSN: 1888-2056.

2007 -«El adverbio y < ibi del castellano medieval: su morfematización y su translexematización», Archivum, Oviedo, LXVII, 2007, págs. 197-218. ISSN: 0570-7218.

2007 -«O último ano do Mariscal Pero Pardo de Cela: o cerco e a traizón da Frouseira», Murguía, Revista Galega de Historia, Santiago de Compostela, XIII, 2007, páxs. 61-77. ISSN: 1696-9197.

2006 -«A orixe e o desenvolvemento do mito de Pardo de Cela ata o século XX», en O Mariscal Pardo de Cela e o seu tempo, Coord. M. A. Valín Valdés, C. A. González Paz, J. R. Fernández Pacios, Deputación Provincial de Lugo, Lugo, 2006, páxs. 217-317. ISBN: 84-8192-344-3.

2004 -Construir bien en Español. La Forma de las Palabras, Biblioteca Práctica del Idioma Español, Ediciones Nobel § Ediuno, «La creación de palabras», págs. 261-334. Oviedo, 2004. ISBN: 84-8459-193-X. (En colaboración con Serafina García y Hortensia Martínez).

2004 -O "mito" do Mariscal Pardo de Cela (Historia, lendas e literatura), Asociación Cultural "O mundo de Galea", A Mariña Lucense. El Progreso Artes Gráficas, S.L. 2004, 171. ISBN: 84-609-1128-4.

2004 -«Onde o mundo se chama Manuel María e as Elexías á miña vida pequeniña», en Caderno de Estudios Chairegos, Instituto de Estudios Chairegos, Vilalba, 2, 2004, páxs. 63-78. Dep. Legal: LU 343 / 04.

2004 -«Manuel María no seu labirinto», en Elexías á miña vida pequeniña, Instituto de Estudios Chairegos, Vilalba, 2004, páxs. 9-26. Dep. Legal: LU 257-2004.

2003 -«Babarro González, Xoán, Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 2003, 2 vols., 582 + 521 páxs.» en Revista de Filoloxía Asturiana, 3/4, Alvízoras-Trabe, Uviéu, 2003-2004, págs. 398-412. ISSN: 1578-9853. Reseña.

2002 -«La oración simple en La Celestina» en Analecta Malacitana, XXXV, 2 Universidad de Málaga, 2002, págs. 479-544. ISSN: 0211-934x.

2002 -«Cantares Gallegos de Leiras Pulpeiro. Mestre da fala», en Crítica e Autores, Biblioteca Galega, La Voz de Galicia, T. I, 2002, páxs. 53-54. ISBN: 84-9757-097-9.

2001 -«Aspectos diacrónicos e sincrónicos do galego de Asturias» Revista de Filoloxía Asturiana, I, Alvízoras-Trabe, Uviéu, 2001, págs. 131-153. ISSN: 1578-9853.

2000 -«La oración compleja en La Celestina» en El mundo como contienda. Estudios sobre La Celestina, Edc. Pilar Carrasco, Analecta Malacitana, Anejo XXXI, Universidad de Málaga, 2000, págs. 147-183. ISBN: 84-95073-13-7.

1998 -«M. Leiras Pulpeiro: un poeta de onte e de hoxe “maldito e maldecido”», Monfadal, Revista de cultura mindoniense, I, Gijón, 1998, págs. 5-68. ISSN: 1139-7438.

1998 -Construcciones locativas y cuantitativas, Madrid, Arco/Libros, S.L. 1998. ISBN: 84-7635-339-1.

1996 -«Algunas diferencias en las construcciones atributivas entre el español de la Península y el de América» en Actas del X Congreso Internacional de la Asociación de Lingüística y Filología de la América Latina (ALFAL), Edic. de Arjona Iglesias, M. et alii, Veracruz (México), 1996, págs. 206-215. ISBN 968-36-4673-5.

1994 -«As expresións neutras galegas: "dixo el que quixo", "el é un tesouro ou non?", "así el fixeron" i "i-el eu que pinto?"», Britonia, Eilao, Asturias, 1994, páxs. 85-96. ISSN: 1134-900 X.

1994 -«Funcionamiento y valores del pronombre ende en el castellano antiguo», Revista de Filología de la Universidad de la Laguna, vol. 14, St.ª Cruz de Tenerife, 1994, págs. 245-262. ISSN: 0212-4130.

1994 -«De cuestiois históricas e lingüísticas sobre "el galego de Asturias"» en Lingua e Cultura Galega de Asturias, Actas das I xornadas da lingua e da cultura galega de Asturias: Na busca das raices da terra Navia-Eo. Homenaxe a Dámaso Alonso, Edc. F. Fernández Rei, Xerais, Vigo, 1994, páxs. 49-79. ISBN: 84-7507-803-6.

1992 -«El verbo Ser como auxiliar en la prosa (pre)renacentista » en Actas del II Congreso Internacional de Historia de la Lengua Española, edc. de M. Ariza et alii, Pabellón de España, Madrid, 1992, págs. 653-663. ISBN 84.604-4307-8.

1992 -«La función de complemento en asturiano medieval» en Lletres Asturianes, 43, Academia de la Llingua Asturiana, Uviéu, 1992, págs. 37-50. ISSN: 0212-0534

1992 -«A zona asturiana do Eo-Navia, zona lingüística galega» en Actas del I Congreso da Lingua e Cultura Galegas en Asturias, León e Zamora, Edc. de García Crego, X. M., Revisión Lingüística López Fernández, R., Clube Cultural Adiante, Vigo, 1992, páxs. 57-61. Dep. Legal: VG. 250-1992.

1991 -«El comportamiento funcional del “participio de presente” en el castellano medieval y renacentista», Revista de Filología de la Universidad de la Laguna, vol. 10, St.ª Cruz de Tenerife, 1991, págs. 281-297. ISSN: 0212-4130.

1991 - La oración simple en la prosa castellana del siglo XV, Publicaciones del Departamento de Filología Española (Serie Maior), 4, Oviedo, 1991. ISBN: 84-600-7746-2.

1991 - La oración simple y compleja en la prosa castellana del siglo XV. Microficha: Tesis Doctorales, Servicio de Publicaciones, Universidad de Oviedo, 1991, 8 págs. Con dos microfichas. ISBN: 84-7468-343-2.

1990 -«La expresión de la "denominación" en castellano medieval», Verba, vol. 17, Santiago, 1990, 331-341. ISSN: 0210-377X.

1990 -«Algunas cuestiones acerca de la función de sujeto» en Actas del Congreso de la Sociedad Española de Lingüística. XX Aniversario, Edc. M.ª Á. Álvarez Martínez, Gredos, Madrid, II, 1990, 639-652. ISBN 84-249-1439-2.

1990 - (p.o. de firma): Fernández Braña, B. et alii. Normas Ortográficas e Morfolóxicas del Galego de Asturias MDG, Illano, Asturias, 1990, 119 págs. ISBN: 84-404-7594-2.

1988 -«Y < ibi en castellano medieval, ¿sintagma o morfema?», Verba, vol. 15, Santiago, 1988, 421-432. ISSN: 0210-377X.

1982 -«Los posesivos en el Concejo de Castropol: funciones y valores», Lletres Asturianes, n.ª 4, Uvieu, 1982, págs. 50-54. ISSN: 0212-0534.

1981 -«Sobre la forma EL del artículo en Gallego-Portugués» Archivum, Oviedo, XXXI-XXXII, 1981-1982, págs. 527-541. ISSN: ISSN: 0570-7218.

1980 -«Manifestaciones culturales en "As Figueiras" y su contorno» en Estudios y Trabayos de Llingua Asturiana II, Universidá d'Uvieu, 1980, págs. 93-98. ISBN 84-7468-024-7.

 

DE VARIA RE:

-Pregón das Quendas. Maio do 1995. «As panaderías de Mondoñedo». Mondoñedo. 

-Pregón da Semana Santa. Abril 2004. «Da plazuela de San Xoan, da Semana Santa e da capela de San Blas». Mondoñedo.

-«Mondoñedo: berce de escritores». Conferencia pronunciada no Centro Cultural da Alcántara en Maio do 2011 con motivo da súa inauguración.

-«O bosque de Silva: entre a realidade e a fantasía», traballo presentado nas Xornadas Cunqueirianas celebradas do 6 ao 8 de setembro do 2011 no Seminario de Santa Catarina de Mondoñedo na sección de «Cunqueiro e Mondoñedo».

-Conferencia pronunciada o 16 de xullo do 2012 na Casa da Xuventude de Mondoñedo: «Sobre escritores mindonienses».

-Pregón das San Lucas. 16 outubro do 2014. Mondoñedo.

-Pregón do mercado medieval de Castrodouro. «Un recordo ao Mariscal». Castrodouro (Alfoz), 19 de xullo de 2015.

-«Nembrot en Mondoñedo». Sobre a novela 'Nembrot' de José María Pérez Álvarez, Publicado en 'El Cuaderno. Cuaderno digital de cultura', xullo, 2017.

- Manifesto lido diante da torre de Caldaloba (Cospeito) o día 22 de maio do 2021 titulado «Dona Constanza de Castro: defensa, loita e morte na fortaleza de Vilaxoán».

- Colaborador de A Voz de Galicia na sección da Mariña Lucense.

- Colaborador de O Progreso de Lugo.