Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (promoción 2000-2005). Está en posesión do DEA (Diploma de Estudos Avanzados) pola Universidade de Santiago de Compostela. Está a realizar a tese de doutoramento, inscrita co título Achegamento á toponimia medieval galega: a documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV). Titulado en Galego pola Escola Oficial de Idiomas.
INFORMACIÓN LABORAL
Actualmente traballa no Instituto da Lingua Galega (ILG) como contratado de investigación dentro do de Formación de Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Educación e Ciencia.
Bolseiro de cooperación no Proxecto Xelmírez, coordinado polo Prof. Dr. D. Francisco Xavier Varela Barreiro na sección de Gramática Histórica do Instituto da Lingua Galega (ILG). A duración da bolsa abrangueu desde o 1-8-2005 ao 30-4-2006.
PREMIOS ACADÉMICOS
Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia na titulación de Filoloxía Galega.
Premio de Terminación de Estudos Universitarios do Ministerio de Educación e Ciencia na titulación de Filoloxía Galega.
PARTICIPACIÓN EN SIMPOSIOS E CONGRESOS
-COMO PONENTE:
II Congreso Internacional de Onomástica Galega Título da ponencia: “Antrotoponimia de Begonte”. Ano: 2006. Lugar: Pontevedra.
Simposio A lexicografía galega do século XXI Título da ponencia: “Os córpora do Instituto da Lingua Galega: o TMILG”. Ano: 2006. Lugar: Santiago de Compostela.
I Congreso da Mocidade Investigadora Título da ponencia: (1) “Algunhas denominacións dos golpes de mar na Costa da Morte e na Mariña Oriental”, (2) “Orotoponimia da comarca da Barbanza no tombo de Toxos Outos”. Ano: 2007. Lugar: Santiago de Compostela.
XXIII Trobada de Joves Lingüistes Título da ponencia: “Achegamento á estrutura dos contratos forais galegos na Idade Media”. Ano: 2008. Lugar: Girona.
XIX Coloquio da Medieval Hispanic Research Seminar Título da ponencia: “Algunas cuestiones sobre el tratamiento de la toponimia medieval gallega”. Ano: 2008. Lugar: Londres.
Simposio Toponimia e Cartografía Título da ponencia: “O Inventario Toponímico da Galicia Medieval (ITGM): un novo recurso para a investigación toponomástica”. Ano: 2008. Lugar: Santiago de Compostela.
XXIV Encontro da Associação Portuguesa de Linguística Título da ponencia: “O Inventario Toponímico da Galiza Medieval (ITGM): algumas questões a respeito do processamento da toponímia medieval galega”. Ano: 2008. Lugar: Braga (Portugal).
-COMO ORGANIZADOR:
Simposio A lexicografía galega do século XXI Organiza: Universidade de Santiago de Compostela e Consello da Cultura Galega. Ano: 2006. Lugar: Santiago de Compostela.
PRODUCIÓN CIENTÍFICA
-ARTIGOS EN REVISTAS E COLECTÁNEAS:
"Nomes de posesor na toponimia do concello de Begonte", en Revista Galega de Filoloxía nº 8 (2007), pp. 125-155. • "Togis / Spinis / Tribulis: mecanismos de latinización de toponimia romance no tombo de Toxos Outos", en Corral, E. / Moscoso Mato, E. / Fontoira Surís, L. (coord.): "A mi dizen quantos amigos ey". Homenaxe a Xosé Luís Couceiro (no prelo). • "Proceso de construción dun inventario toponímico medieval: o Tombo de Toxos Outos", en Estudos de Lingüística Galega nº 1. • "Achegamento á antropotoponimia do concello de Vilalba (Lugo)", en Brea, M. / Fernández Rei, F. / Regueira, X. L. (coord.): Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, pp. 155-162. • "Os mares son os mesmos, o que cambian son os nomes: sobre algunhas denominacións dos golpes de mar na Costa da Morte e na Mariña Oriental", en Evans Pim, J., Kristensen, B. e Crespo, O. (eds.): Actas do I Congreso da Mocidade Investigadora (25-26 de outubro de 2007). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / IGESIP, pp. 197-202. • "Orotoponimia da comarca da Barbanza no Tombo de Toxos Outos", en Evans Pim, J., Kristensen, B. e Crespo, O. (eds.): Actas do I Congreso da Mocidade Investigadora (25-26 de outubro de 2007). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / IGESIP, pp. 189-195. -OBRAS EXENTAS: • Inventario toponímico do Tombo de Toxos Outos. Noia: Toxosoutos (2008).
PRODUCIÓN LITERARIA
-PREMIOS EN CERTAMES: 1993-1996. Varios premios de narración no Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo Infantil e Xuvenil organizado pola Asociación Xermolos de Guitiriz. 1998. 1º premio do Certame Literario IES Lucus Augusti polo conto "O bicu". 1999. 2º premio do Certame Literario IES Lucus Augusti polo conto "Chairegos". 1999. 1º premio do Certame de Narrativa Breve Ánxel Fole polo conto "A estrela de Merlín". 2003. Accésit do Certame de Narrativa Breve Ánxel Fole polo conto "Cuich Aorta". 2004. 2º premio no Certame de Narrativa Os Viaductos polo relato "A cantiga de Talessin Finnan". 2005. Accésit no Certame Ourense de Contos para a Mocidade polo relato "Os libros do estudante". 2005. 1º premio do Certame Literario Concello de Ames polo poema "A moza de cabelo negro". 2005. 3º premio do Certame Galego de Creadores Novos Gz-Crea polo relato "O aviso". 2006. 2º premio do Certame Galego de Creadores Novos Gz-Crea polo relato "O inverno nas abadías". 2007. 2º premio do Certame Galego de Creadores Novos Gz-Crea polo relato "O Profeta". 2005. Accésit no Certame Cultura Quente de Caldas de Reis polo relato "Agridoce".
-COLABORACIÓNS EN REVISTAS: Terra Chá, Dorna, Xistral, A Xanela… • Publiquei traducións ao galego de varios contos de W. B. Yeats (da obra The Celtic Twilight) na web www.bivir.com.
-OBRAS EXENTAS: • As Crónicas Chairegas (Fundación Manuel María, 2008).
-COÑECEMENTOS DE IDIOMAS
Portugués: nivel alto (oral e escrito). Inglés: nivel alto (oral e escrito). Español: nivel alto (oral e escrito). Alemán: nivel básico (oral e escrito).