María Jesús Souto Blanco


Categoría: Profesora, investigadora e escritora
Data de Nacemento: 13 de maio de 1964
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Obtén a licenciatura en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1987, o doutoramento en Historia Contemporánea en 1997, coa tese: La represión franquista en la provincia de Lugo (1936-1940). Nos anos 1989-1990 foi profesora asociada na Universidade de Angers (Francia) onde impartiu os cursos de "Civilización Española" na Faculté des Lettres Langues et Sciences Humaines e na Faculte de Droit, d'Economie et des Sciences Sociales. No curso 1999-2000 foi profesora no programa de doutoramento Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela co curso "Consenso y oposición bajo el primer franquismo". Entre os anos 1993-95 foi bolseira colaboradora do proxecto da Universidade de Santiago con "Quinto Centenario da Universidade de Santiago de Compostela". Entre os anos 1996-98, colaborou no proxecto da USC "As elites políticas na Galicia urbana no primeiro tercio do século XX" e nos anos 1999-2001 no proxecto "Elites, representación política e redes clientelares na Galicia do primeiro tercio do século XX".

 Obras realizadas

Entre os libros que publicou podemos destacar: La represión franquista en la Provincia de Lugo (1938-1940), Ed. do Castro, A Coruña, 1998; Los apoyos al régimen franquista en la provincia de Lugo (1936-1940). La corrupción y la lucha por el poder, Ed. do Castro, A Coruña, 1999; La Universidad de Santiago de Compostela, 1857-1936 en "Revista Galega do Ensino", número 2, maio, 1996; Proceso Vega Barrera. Consejo de Guerra y antecedentes, en "Unión Libre" nº 2, 1997 e Lugo entre 1900 y 1940 en Libro de Oro de Lugo, Ed. El Progreso, Lugo, 1998.

 Outros datos de interese

Entre os anos 1987-88 foi Técnico Superior no Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo). Participou entre outras actividades na elaboración dun programa didáctico de orientación ós visitantes.