Licenciada en dereito, é directora e actriz de Palimoco Teatro dende a súa fundación como afeccionados no ano 1998 e dende o 2008 na compañía profesional do mesmo nome.
Do 2003 ao 2006 dirixe o Taller de arte dramática da USC no campus de Lugo coas seguintes montaxes: “Joan”, “Estudio teatral Lorca” , “Nai?”, “KM 526”
No ano 2006 –2007 dirixiu a compañía de Teatro da USC-LUGO, coa montaxe “O Público” de Federico García Lorca. No ano 2011 volta a dirección desta compañía con NA TÚA CARA. IN YER FACE sobre a vida e obra de Sarah Kane.
Como actriz traballou en diferentes compañías ademais de Palimoco como Títeres sen cabeza, colaborou con Achádego Teatro na obra a Tempestade, colaborou con Proxecto Barraca, a Aula de Teatro Universitaria de Ourense no ano 2008 en El equipaje del Rey José de Fernando Dacosta.
Participou en programas de radio e tv como colaboradora.
A súa formación pasa por Títeres sen cabeza con Adolfo Vázquez, na Aula de Teatro de Ourense pertencendo a Cordelia con Fina Calleja e Elena Seijo.
Recibe varios cursos da man de Anxeles Cuña, Avelino González, Norman Taylor, Antón Valén, Suso Díaz, Claudia Conttini, Ferruco, Manuel Lourenzo, Fernando Dacosta, Salvador del Río, Quico Cadaval, Puri Pereira, Marcelino de Kukas, Isabel Úbeda, Isabel Rei e Suso Díaz. No traballo de voz formase con Vicente Fuentes.
Recibe formación en danza clásica, contemporánea e flamenca.
Como docente traballou 12 anos no Colexio Fingoi impartindo teatro e danza, a primeira dentro do currículo educativo e ten impartidos varios cursos tanto na Universidade como a rapaces en campamentos e preparacións de monitores.
Tamén fai un traballo de voluntaria teatral dende fai 1 ano no Modulo 6 da Prisión de Teixeiro.
Forma parte do grupo de traballo que iniciou e segue co Proxecto Buxiganda da Vicepresidencia da Deputación Provincial.
DRAMATURXIA
“Joan” 2004. Baseada no libro Un canto truncado de Joan Jara e o texto Gran Tirano de Claudio Rodríguez Fer.
“Estudio teatral Lorca” 2004.
“Nai?” 2005. Baseada na obra A nai de Máximo Gorki.
“Berros” Estudio Teatral. Publicada no libro Esperta Zoe. 2005.
“KM 526” 2006.Baseada no texto As Costureiras de Claudio Rodríguez Fer.
“Valencia” (Lugo) Publicado no libro Acotaciones en la caja negra. Valencia 2006.
“Gheto” Estudio Teatral 2006.
“Babbia” Estudio Teatral. 2007.
”Caracola perdida no Caurel” 2007.
“O soño dos ruíns” 2008.
”O rato da biblioteca” 2008.
“Across the universe” 2008.
“Vive” 2008.
“Henriqueta onde estás?” Baseada no libro Henrriqueta na galería de Lois Dieguez 2008.
“Construcións Clementina dígame?” 2008.
“Queres que cho conte?” 2011.
Iluminado pola norte 2011.
Na túa cara. In yer face 2012.
Entre os recoñecementos que ten recibido destacan:
. Premio do Xurado Carlos Couceiro e Begoña Muñoz na MITEU Ourense 2012 pola obra Na túa cara. In yer face.
. Medalla do mérito de Penitenciarías 2011.
. Premio Antas de Ulla ao labor dentro do teatro 2008.
. Premio a obra Nai? nas categorías de mellor espectáculo e mellor dramaturxia, no V Festival Sala Palminero. Valencia, outubro 2005.
. Premio a obra Joan nas categorías de mellor espectáculo, mellor dramaturxia e dirección, no IV Festival Sala Palminero. Valencia, maio 2005.
. 3º Premio no Programa Na Vangarda da Xunta de Galicia pola obra JOAN, decembro 2004.
. Premio a mellor actriz polo papel de Ariel na obra A Tempestade, do grupo de teatro Achádego en colaboración con Palimoco, na III Mostra de teatro afeccionado de Bergantiños 2002. Obra que tamén recibiu o 2º Premio da Mostra.
. 1º premio da categoría A no Certame Xuventude de teatro da Xunta de Galicia pola obra Antígona de Palimoco Teatro. 2000.