Efraim Díaz Vázquez


Categoría: Músico
Data de Nacemento: 29 de xullo de 1980
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Inicia dende os 8 anos os seus estudios de gaita galega, frauta e percusión galega co seu pai Cándido Díaz baixo a agrupación Zuncurrundullo de Castroverde, campeona de Galicia e Nacional no ano 1998.

En 1992 fai por libre 1º de solfeo, posteriormente en 1995 empeza os seus estudios de percusión no Conservatorio de Lugo, onde cursa grado Elemental e Medio. Compaxinando con estes estudios tamén estudiou Cerámica Artística na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo, estudios que axudaron a desenvolver a súa sensibilidade artística. Fruto desta actividade na cerámica participou en diversas exposicións colectivas e foi finalista en dúas ocasións do Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo na súa modalidade de escultura.

Foi alumno oínte da Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia e estivo becado durante un ano pola Asociación de Intérpretes e Executantes de España (A.I.E) na Escola Estudio de Santiago de Compostela para estudiar percusión latina co profesor cubano Leo Pimentel.

Recibiu clases de percusionistas como Eric Sammut, Markus Leosson, Philippe Spiesser, Igor Lesnik, Ludwig Albert, Chin Cheng Lin, N.J. Zivkovick, Beverley Jhonston, Jean Geoffroy entre outros.

Como músico percusionista formou parte de diversas agrupacións do máis variopinto, Camerata Lucense (Clásico), Banda de Municipal de Música de Lugo, Banda de Música de Sarria, Grupos de Teatro, Palma Fiore (Hip Hop) Die Away (Trash Metal), Nómada (Folk e músicas do mundo), Color Café (Latin jazz) e o espectáculo 'Tambores de Fuego'; actualmente toca as percusións, flautas barrocas, whistles e gaita co grupo lucense Ghaita Depedra.

É Titulado Superior na Especialidade de Percusión, tendo estudiado no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, coa Profesora Pilar García, obtendo no seu concerto Fin de Carreira a calificación de Matrícula de Honra.

Titulado Profesional na Especialidade de Gaita, tendo estudiado no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, co profesor David Bellas.

Exerceu a súa labor docente en diversas Escolas de Música, como as de Sada, Sarria, Guitiriz e en Conservatorios Profesionais de Vilalba, Ferrol, Melide, Monforte e Superior de A Coruña.

É músico solista de percusión na Banda Municipal de Música do Concello de Lugo dende o ano 2002 e profesor de diversas materias na Escola Municipal de Música de Lugo dende o ano 2012.

Participou en máis de 10 grabacións discográficas, con agrupacións dende Bandas de Música Populares, pasando por Trash Metal, Latin Jazz e Música Celta e Folk.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS:
-   1997-2002: Exposición colectiva “Trabajos de los Alumnos” na Sala de Exposicións da Escola de Artes Ramón Falcón de Lugo.
-   1998: Exposición colectiva “Trabajos de los Alumnos de la Escuela de Artes de Lugo” na Casa da Cultura de Vilalba.
-   1998: Exposición colectiva “Finalistas del VI Certamen de Artes Plásticas Ciudad de Lugo Modalidad Escultura” no Centro de Artesanía e Deseño de Galicia (Lugo).
-   1999: Exposición colectiva “Finalistas del VII Certamen de Artes Plásticas Ciudad de Lugo Modalidad Escultura” no Centro de Artesanía e Deseño de Galicia (Lugo).
-   2000: Exposición colectiva “21 trabajos de alumnos de la Escuela de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo” no Museo Provincial de Lugo.
-   2000: Exposición colectiva “Stand de la Escuela de Artes de Lugo”, en Expo Ensino 2000.
-   2003: Exposición colectiva “Evolución 2003”, no Centro Cultural Uxío Novoneira.
 
 
EXPERIENCIA LABORAL:
-   Profesor de gaita e percusión galega no Colexio de Fingoi, 1997-98.
-   Profesor de Música e Movemento na Escola Infantil Barrio Sésamo, 1998-99.
-   Profesor de percusión na Banda de Gaitas Neireo de Baleira, 1998-2000.
-   Director da Banda de Gaitas Neireo de Baleira, 2000-2001.
-   Clases de gaita na Escola da Banda de Gaitas Zuncurrundullo de Castroverde, 1997-2004.
-   Produtor musical do proxecto de hip-hop Palma Fiore, 1998-2001.
-   Produtor e compositor de música techno dance do proxecto “Diferente?¡”, 1999-2000.
-   Profesor de percusión da Escola de Música Cantarela do Centro Educativo Galén, 2002-2004.
-   Percusionista da Orquestra de Corda Camerata Lucense, 2001-2003.
-   Organizador do concerto de clausura do “I Congreso de innovación educativa” da Xunta de Galicia na EGAP, 2004.
-   Crítico-colaborador da revista xuvenil lucense “Lugoxove”, 2005.
-   Músico bolseiro da Banda Municipal de Música de Lugo durante 4 anos, recoñecida posteriormente a súa actividade como Músico de Primeira Categoría por sentencia xudicial, 2002-2006.
-   Músico habitual e reforzo nas Bandas de Música de Sarria, Visantoña, Quiroga, Carballedo e Paradela.
-   Colaborador en grupos de teatro como músico en directo cos grupos Berrobambam, Matapiollos e Mundo Piruleta.
-   Batería do grupo lucense de trash-metal Die Away, 2000-2003.
-   Percusionista do grupo lucense de folk Nómada, 2002-2004.
-   Profesor da Escola de Música de Visantoña, xaneiro-abril de 2003.
-   Profesor de Percusión na Escola Municipal de Música de Sada, 2005-2007.
-   Profesor de Percusión na Escola Municipal de Música de Guitiriz, xaneiro 2006-xuño 2007.
-   Profesor de Percusión na Escola Municipal de Música de Sarria, desde 2004.
-   Profesor de Percusión e Música de Cámara no Conservatorio de Vilalba, desde 2007.
-   Profesor de gaita galega na Escola Fábrica de Sons de Lugo, desde 2007.
-   Percusionista do grupo lucense de latin jazz “Color Café”, desde 2005.
 
GRAVACIÓNS DISCOGRÁFICAS EDITADAS
-   1994 “Finalistas del certamen Pelegrín de Música Folk 1993”, con Zuncurrundullo, CD.
-   1998 “Milenio celta”, varios artistas, 3 CD’s, con Zuncurrundullo.
-   2001 “Galicia-Bandas de Gaitas –XI Campeonato da Liga Galega de Bandas de Gaitas – 1º Grao”. Gravación en directo da 1ª fase da XI edición destes campionatos que tivo lugar en Teo (A Coruña) en decembro de 2000, 2 CD, con Zuncurrundullo.
-   2001 “Ultravioleta” Banda de gaitas Zuncurrundullo, CD.
-   2003 “Road to Nowhere”, Die Away, Trash-metal, CD.
-   2003 “Bandas de música no Camiño de Santiago”, Banda de Sarria, CD.
-   2004, 2005 e 2006 Banda Sinfónica do Cosmac, decembro de 2004, maio de 2005, decembro de 2005 e abril de 2006. 4 CD. “Os directos da galega”, Radio Galega.
-   2007 “Finalistas GZ Crea 2006”, Color Café. CD e DVD, editado pola Xunta de Galicia e IGAEM.
-   2007 “Ponte Morado, Ultravioleta 2”, Banda de gaitas Zuncurrundullo, CD.
 
Compuxo ademais gravacións de maquetas e gran cantidade de composicións para gaita, grupos de percusión, etc.
 
 
 

 Outros datos de interese

PREMIOS COMO GAITEIRO:

- 2º Premio no “Concurso Macallan (Bowmore) de Gaita Gallega” no Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña Francesa) como gaiteiro solista no ano 1992.

- 4º Premio no “Concurso Macallan (Bowmore) de Gaita Gallega y Asturiana” no Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña Francesa) como gaiteiro solista no ano 1992. O primeiro premio foi para J.A. Hevia.

- 2º Premio no “VII Concurso de Cuartetos Tradicionales de Cántigas e Agarimos” como gaiteiro (Santiago, 1993).

- Finalista do concurso “Pelegrín Xacobeo 1993” de grupos de música folk, como frautista gaiteiro e teclista do grupo folk Zuncurrundullo, 1993.

- Finalista do concurso “Galicia Sons Folk 1998” de grupos de música folk como gaiteiro e percusionista do grupo folk Zuncurrundullo.

 

PREMIOS COA BANDA DE GAITAS ZUNCURRUNDULLO:

- 1993: Subcampións de fóra de Ourense.

- 1994: Campións de fóra de Ourense e Terceiros no grao xeral.

- 1995, 1997 e 1999: Subcampións de 1º Grao da Liga Galega de Bandas de Gaitas.

- 1996: Terceiros de 1º Grao e 4º posto no Certame Galego BB GG da TVG.

- 1998: Campións de 1º Grao da Liga Galega de Bandas de Gaitas e campións do Campionato Nacional de Bandas de Gaitas de Manzaneda.

- 2000: Cuartos de 1º Grao da Liga Galega de Bandas de Gaitas.

- 2001: Terceiros de 1º Grao da Liga Galega de Bandas de Gaitas.

- 2002: Terceiros de 1º Grao da Liga Galega de Bandas de Gaitas e campións no “Trofeo de Bandas de Gaitas Ciudad de Ponferrada”.

- 2003: Subcampións no “Trofeo de Bandas de Gaitas Ciudad de Ponferrada”

- 2004: Segundos no “49º Concurso de Internet” de popularidade do “Mandorio in Fiore”.

 

PREMIOS COMO PERCUSIONISTA

- Participou como representante do Conservatorio de Música de Lugo no “2º Certamen Nacional de Interpretación Intercentros” na categoría de grao medio, 2003.

- Finalista e Mención de Honor como membro do grupo de latin jazz “Color Café” tocando congas, timbais e frauta, no concurso “Gz crea 2006” da Xunta de Galicia e IGAEM.

- Tivo unha bolsa da Fundación Caixa Galicia para asistir a Alemaña a un curso co mestre Zovkovic, compoñer 4 obras para percusión, gravar un CD como percusionista contemporáneo e 6 concertos polas diferentes sedes da Fundación Caixa Galicia. Froito desta bolsa, publicou seu primeiro traballo discográfico como percusionista solista en outubro de 2008.

 

PAXINAS WEB:

www.myspace.com/efraimpercu

www.youtube.com/efraimpercu

http://lugosonoro.blogspot.com.es/

https://soundcloud.com/efraimpercu