É Diplomado en Traballo Social (1992) e Licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela (2012).
Exerce profesionalmente como traballador social nos servizos sociais municipais do Concello de Friol dende 1998.
Colaboracións:
Colabora co xornal Terrachá.Xa , dende o ano 2008, onde ten unha columna “Coa Nosa Voz”.
Colabora co semanario israelí en lingua española chamado Aurora dende o ano 2010, onde ten unha columna “De Compostela a Ierushalaim”.
Outras colaboracións esporádicas en publicacións relacionadas cos servizos sociais e na prensa local.
Participante no proxecto Emcreativo de creación literaria, patrocinado pola Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM).
Publicacións:
“A Marcha de Anxo” (2020), novela.
“Crónica de un gallego en Israel (2022), diario de viaxe.
Premios:
Premio ó mellor relato no I Premio Literario IPA –International Police Association- Galicia coa obra “Son policía” (ano 2019).
Finalista no XVI Concurso Literario 2019 da Asociación de enfermos de Parkinson Astorga co relato “Ella”.
Segundo premio na categoría de narrativa co relato “O destino levoume a Paradela”, no XXV edición do certame literario Manuel Orestes Rodríguez López, patrocinado polo Concello de Paradela (ano 2020).
Primeiro premio no XLVI Certame de Xornalismo sobre o nadal, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, co artigo "Medio século de ilusión".