Pablo Bouza Suárez


Data de Nacemento: En 1965
Lugar de Nacemento: Fene (A Coruña)
 Currículum

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.
Exerce como funcionario no Concello de Culleredo (localidade onde reside), desempeñando o cargo de xefe de servizo de Cultura.
Colaboracións no xornal El Correo Gallego, correspondente en Fene (1989).
Locutor- redactor na emisora Radio Fene (1989).
Director da emisora Radio Culleredo (1991-1995)
Membro do colectivo de técnicos culturais Landrover.
Membro da SAF (Sociedade Artística Ferrolana).
Colabora en radio Culleredo cunha columna semanal sobre cultura.
Participa nos II e III Encontros de Pintura e Poesía organizados pola Deputación Provincial da Coruña.
Xurado no Certame Manuel Murguía de Ensaio da Deputación Provincial da Coruña (2004 e 2006).
Xurado no Certame Literario Suárez Ferrín, FEPS (2008-2009).
Participa nos I  e II Diálogos de Pintura e Poesía, Culleredo (2008-2009).
Participa no III Encontro coa Arte “Lembrando a Blanco Amor”, Brión (2008).
Ten publicado poemas en revistas como “Poesía Galicia” ou “Anuario Brigantino”.
Participa como poeta no proxecto - exposición “Unha marea de amor” no 25º aniversario do  Centro de Orientación Familiar da Coruña.

 Obras realizadas

PUBLICACIÓNS:
Artigos:
-“Notas da viaxe iniciática dun aprendiz de poeta na busca do espírito de Mariñán”, pp: 25-29, en AAVV: II Encontro coa pintura e a poesía, Deputación da Coruña, A Coruña (2006).
-“Jano Muñoz. Pintura clásica contemporánea”, en Catálogo da exposición de Jano Muñoz, Caixanova (2007).
-“As escolas culturais de Culleredo: da democracia cultural á transformación social”. Interea visual. Deputación da Coruña (2006).
-“Poemas” en catálogo da exposición “La piel de la piedra” do escultor Francisco Escudero, Galeria Colecionan, A Coruña (2009).
 
Libros:
-“In aeternum”, Poesía Deputación da Coruña (2007).
-“Na procura do Norte”, Premio de Poesía “Conde de Gondomar”, Alvarellos Editora (no prelo).
-“O home que falaba coas baleas”, Colección Premio de Poesía “Francisco Añón”, Concello de Outes.

 Outros datos de interese

PREMIOS:
-3º premio no Certame de Poesía “Hernán Esquío” (1984).
-Accésit no Certame Nacional de Poesía “Pérez Parallé” (2000).
-1º Premio no Certame Nacional de Poesía “Pérez Parallé” (2002).
-1º premio ex aequo no Certame de Poesía “Concello de Vilalba” (2003).
-1º premio no Certame de Poesía “Concello de Vilalba” (2004).
-1º premio no Certame de Poesía “Conde de Gondomar” no Val Miñor (2007).
-3º premio no Certame de Poesía da Asociación “Rosalía de Castro” de Cornellá (Barcelona) (2007).
-1º Premio no Certame de Poesía “Francisco Añón” (2008) do Concello de Outes.
-1º Premio no Certame de Poesía “Concello de Marín” 2009.
-1º Premio no XXXV Certame de Poesía “Concello de Vilalba” 2009.
-Premio de Poesia no XXXVI Certame Literario 'Concello de Vilalba' (2010), e veu publicado o libro INGRÁVIDO SIGNO, co traballo premiado neste certame en 2009.