Omar Rabuñal Varela


Data de Nacemento: 14 de outubro de 1978
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciouse en Bioloxía na Facultade de Ciencias da Coruña (2002) e fixo o CAP (Curso de Aptitude Pedagóxica) en 2003. En 2004 fixo o curso de ‘Técnico Superior en Realización de Audiovisuais e Espectáculos’ pola Escola de Imaxe e Son da Coruña e entre os anos 2004-06 cursou estudos de interpretación en “Casa Hamlet”.

 Obras realizadas

Traballou no teatro como axudante de dirección e produción (2004-2005) en “Ancora Produccións S.L.”, na obra “Paso de cebra” de Gustavo Pernas Cora, en “Ancora Produccións S.L.”, na obra “Final de Película” (2005-06 ) (XII Premio Rafael Dieste 05) e como actor na obra “Paso de cebra” (2005) de Gustavo Pernas, gañadora do Premio Max 2006 ó mellor espectáculo teatral galego.
Traballou como director e/ou actor nas seguintes ficcións: “Ánimas” (curtametraxe), “Camiños violentos” (mediametraxe), “Onírica” (curtametraxe), “Chamábanlle Feáns”(mediametraxe), “O Intruso” (curtametraxe), “A crise da pesca” (curtametraxe), “Matreros de medianuite” (curtametraxe), “Malaspulgas” (curtametraxe), “Muso” (curtametraxe), “Maldito dinero” (curtametraxe) e “Más que hermanos” (TV Movie).

 Outros datos de interese

Foi axudante de realización no documental “Impacto medioambiental do Prestige” (2003) e nas curtametraxes “Inexistencias” e “Dobrando esquinas”. Fixo o guión de “Lentura” (curtametraxe seleccionada para os Premios Mestre Mateo) e “Galiza” (35mm, curtametraxe).