Coñecido como Xosé Manuel Beiras, é un político e economista, dirixente histórico do nacionalismo galego. É o portavoz nacional de Anova Irmandade Nacionalista, organización política nacionalista de esquerda. Tras ser entre 2001 e 2012 o Presidente do Consello Nacional do BNG, seu portavoz no Parlamento de Galicia e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, abandonou o seu cargo directivo para encabezar unha corrente interna denominada “Encontro Irmandiño” que, finalmente, escindiríase completamente do Bloque para pasar a formar parte con xentes de outras procedencias da nova formación Anova.
É catedrático emérito de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na USC. Tamén é escritor e ex académico numerario da Real Academia Galega. O seu pai foi o galeguista histórico, Manuel Beiras, foi membro do Partido Galeguista durante a República e concelleiro de Santiago nas primeiras eleccións democráticas. Desde 1952 estudou Dereito na USC. En 1958 licenciouse e trasladouse a París onde se matriculou na Facultade de Dereito e Ciencias Económicas. Tamén estudou Lingua e Literatura Francesa na Universidade da Sorbona (1960). Posteriormente trasladouse a Escola de Economía de Londres (London School of Economics) para ampliar os seus coñecementos na área das Ciencias Económicas. Anos despois (1966/67), grazas a unha bolsa de estudios da Fundación March, seguiu un curso de especialización avanzada e investigación con François Perrou no Isntitut de Sciencie Economique Aplliquée (ISEA) de París. En 1963 foi membro fundador do Partido Socialista Galego na clandestinidade e fíxose cargo da subdirección da Revista de Economía de Galicia. Xa en 1964 asumiu o cargo de Relacións Internacionais do partido, cargo que volvería a asumir en 1970 etapa na que se relaciona con outras formacións europeas socialistas e co Moviment Socialista de Catalunya de Josep Pallach e Joan Reventós. En 1967 recibe o Premio da Casa Galicia de Nova York polo seu libro “O problema do desenrolo na Galiza rural”. Xa en 1968 volve a vivir definitivamente a Galicia, e nese mesmo ano comeza a traballar como profesor de Estrutura e Institucións Económicas na Facultade de Económicas. En 1969, colabora na obra colectiva Introducción á economía galega de hoxe publicada en Vigo, e foi relator na elaboración do “Documento Conjunto Partido Socialista Galego-Unión do Povo Galego”. En 1970 estando uns meses en Madrid, no Colexio Maior Universitario César Carlos, publica a súa tese de doutoramento sobre o desenvolmenento económico e demográfico en Galicia entre 1900 e 1960 co título “Estructura e problemas da poboación galega” co que gaña o Premio Extraordinario de Doctouramento e consegue ser profesor adxunto na Cátedra de Estrutura Económica. En 1971 asume o cargo de secretario xeral do PSG. En 1972 publica en Vigo “O atraso económico de Galiza”. Nese mesmo ano ofrécenlle o posto de Decano en funcións durante as revoltas estudantes e obreiras, posto que reafirmaría anos máis tarde.
Anos 1970
Dentro das súas colaboracións colectivas xorden en 1975, publicadas en Vigo, dúas obras: “A Galiza rural na encrucillada” e “Contaminación industrial e desenvolvimento”. En 1977, deixa o cargo de secretario xeral do PSG despois de encabezar as listas pola Coruña nas primeiras eleccións xerais da transición democrática nas que non conseguiu representación, así como o partido. É designado académico numerario da Real Academia Galega, dignidade a que renunciou tempo máis tarde. Ese mesmo ano encargouse da dirección dunha investigación sobre o proceso de modernización da agricultura galega con fondos proporcionados pola Fundación Pedro Barrié e a Universidade de Montpellier.
Anos 1980
En 1980 Beiras accede definitivamente á Cátedra de Estrutura Económica na USC. En 1982 participa na constitución do BNG na cal entra na súa Dirección Nacional e Permanente. Neste ano sae a súa publicación “O atraso e Nós”. En febreiro dese mesmo ano é elixido decano da Facultade de Ciencias Económicas. En 1984, Beiras en compañía doutros autores, publica a obra “Dende Galiza: Marx”, homenaxe a Marx no primeiro centenario da súa morte. En solitario só publicaría outro libro “Por unha Galiza liberada”, obra na que viña traballando desde 1976. Nese mesmo ano, en xaneiro, volve a reafirmar o seu cargo como Decano da Facultade. Nas eleccións autonómicas do 24 de novembro de 1985, Beiras é elixido deputado do Parlamento de Galicia. Tamén publica “Constitución española e nacionalismo galego: unha visión socialista”. No transcurso deste ano despois dunha discrepancia coa presidencia da RAG sobre a Ley de Normalización Lingüística do Galego, deixa a Real Academia Galega. En 1987 traduce ao galego a peza teatral “Os Xustos” de Al “Cartas a un amigo alemán”, do mesmo autor, e as obras de teatro traducidas xunto con Xosé Luís Franco Grande arredor dos anos 1958´/59: “Antígona” de Jean Anouilh e “Non haberá guerra de Troia” de Jean Giraudoux). Tamén o dentro deste mesmo ano, presentou a súa colaboración no Homenaxe o Mestre Sampedro. Estivo como profesor convidado na Universidade de Toulouse. Xa anteriormente estivera na de Coimbra (1976). En decembro do 1989 vólvese a presentar ás eleccións autonómicas e de novo gaña un escano pola Coruña xunto cos outros 4 representantes e asume o cargo de portavoz do grupo do BNG. Sobre o seu pensamento político e a súa traxectoria os escritores Francisco Pillado Maior e Miguel Anxo Fernán-Vello publican un libro titulado “Conversas con Xosé Manuel Beiras”.
Anos 1990
En xaneiro, Beiras e o seu grupo non aproban unha proposición de lei sobre a autodeterminación do PSG-EG por non verlle sentido, xa que a Cámara non tiña soberanía por haber grupos españois. Na lexislatura 1989/1993 foi expulsado varias veces da Cámara por opoñerse e incluso, propoñer unha moción de censura a Manuel Fraga. Nese mesmo período, na proposta do pleno extraordinario de incendios forestais, presentou unha proposta de independencia de Galicia e a reforma da Constitución, votando en contra da proposta de Manuel Fraga sobre a administración única.
En 1991 publica outro libro “Prosas de combate e maldicer”. O 10 de marzo de 1993 non se amosou de acordo ante a iniciativa do PP de modificar a Lexislación do Parlamento e amosou o seu descontento golpeando o seu escano cun zapato. Amosou a súa desconformidade durante os debates de relatorio e comisión sobre este tema polo que foi expulsado da Cámara entre o 15 e 17 do mesmo mes cunha sanción dun mes sen dereitos parlamentarios. Beiras recorreu ao Tribunal Constitucional o 12 de xuño de 1993, o cal admitiu o recurso o 4 de novembro do mesmo ano. Ademais mantivo unha longa polémica co executivo rexional de Fraga pola compra de dereitos de marcas do Xacobeo 93, ao que acusou de falsidade en documento público, prevaricación e malversación de fondos.
O 17 de outubro de 1993 presentouse por terceira vez como cabeza de lista por A Coruña e como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia. Conseguiu a renovación da súa acta como deputado e o seu grupo pasara de 5 a 13 deputados. En 1995 é proposto como Portavoz Nacional do grupo cargo no que resulta elixido na VII Asemblea. En 1995 viaxa a Arxentina e Uruguai onde mantén encontros cos representantes de centros galegos, dirixentes políticos e sindicais e ofrece algún discurso na varias universidades. Froito disto, publica en 1996 un libro co título “O estado da nación”, no que engade os seus discursos desde 1989 a 1995. O 19 de outubro de 1997 presentase de novo como candidato do BNG a presidencia da Xunta, renova o escano e ve crecer o seu grupo a 18 deputados pasando a ser a segunda forza en Galicia. En 1998 volve a renovar o cargo como portavoz nacional do BNG. Así mesmo levou a unha alianza entre o seu partido con outras forzas nacionalistas periféricas españolas (CiU e PNV) a través do Pacto de Barcelona. Tras as eleccións municipais do 13 de xuño de 1999, chega a un pacto co PSdeG para a repartición de alcaldías nalgúns concellos en tanto que o BNG obtén o seu primeiro escano no Parlamento Europeo.
Anos 2000
Nas autonómicas de 2001 renova outra vez o seu escano pero o grupo baixa a 17. O 27 de abril de 2004 asina xunto co seu compañeiro de grupo Anxo Quintana en representación do BNG o acordo para dar desenvolvemento ao documento base asinado polo BNG, CiU e EAJ-PNV o 6 de abril do mesmo ano. Mediante ese acordo formaríase a coalición “Galeusca-Pueblos de Europa” para a celebración das elección ao Parlamento Europeo do 13 de xuño de 2004, nas que ese grupo conseguiría 3 escanos. O 11 de abril de 2005 presenta a súa dimisión como Presidente do Consello Nacional do BNG e renuncia a formar parte das listas electorais do BNG á Xunta. Conforma o Encontro Irmandiño, corrente interna no BNG, que obtivo na XII Asemblea Nacional da formación nacionalista 15 membros no Consello Nacional e 3 na Comisión Executiva (un deles, o propio Beiras). En decembro do 2005 iniciou unha colaboración semanal no diario Galicia Hoxe que deu lugar en 2007 ao seu libro recompilación “De Nunca Mais a Mais Alá”. Beiras xunto con Xaime Isla Couto, tamén promotor das coleccións Enquisa, Agra aberta e Os percusores de Editorial Galaxia, na que foi director da colección Alén-Nós, desta experiencia xurdiu a participación na creación de Edicións Laiovento. Foi columnista dominical do periódico galego Galicia Hoxe. É membro da revista política internacional Sin Permiso desde a súa fundación en 2006.
Ensaio -El problema del desarrollo en la Galicia rural, 1967, Galaxia.
-Estructura y problemas de la población gallega, 1970, Banco del Noroeste.
-O atraso económico da Galicia, 1972, Galaxia. 2ª edición de O atraso económico da Galiza (2005) en Laiovento.
-La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sánchez, 1973, Galaxia.
-Constitución española e nacionalismo galego: unha visión socialista, 1985, Asociación Cultural Alexandre Bóveda.
-Prosas de combate e maldicer, 1991, Laiovento.
-O Estado da Nación, 1996, Laiovento. 2ª edición aumentada no 2001.
-A catástrofe do "Prestige". ISBN 978-84-8487-024-3.
-Economía galega e autonomía política, 2006, Universidade de Santiago de Compostela.
-De nunca máis a máis alá, 2007, Editorial Compostela.
-Por unha Galiza liberada e novos ensaios. ISBN 978-84-9647-584-7. Primeira edición, de 1984, en Xerais.
Obras colectivas
-¿Patria ou Terra Nai? Ensaios sobre a cuestión nacional, 1999, Laiovento. Con Antonia Tato Fontaíña e Estrella Tato Fontaíña.
-A poboación galega no século XX, 2000, Laiovento. Con Abel López Rodríguez.
-Avilés de Taramancos: A paixón pola terra, 2004, Consello da Xuventude de Galicia.
-O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións.
-Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
-15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.