Francisco Xavier Vázquez Fernández


Pseudónimo:Francisco Vázquez Chantada
Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 29 de abril de 1956
Lugar de Nacemento: Chantada (Lugo)
 Currículum

Estudiou en Chantada, Ourense e Santiago de Compostela, onde finaliza Maxisterio. Traballou en centros de educación de A Coruña, Boiro, Louro e Muros, vila mariñeira na que vive actualmente. No terreo literario é membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega desde os seus primeiros anos de fundación.

 Obras realizadas

Publicou a súa primeira novela A Chazca en 1982, Edicións do Castro, novela curta con afán experimental que ten como fondo os acontecementos da guerra civil de 1936. Tras pasar moitos anos sen volver a editar, publicou Crónica de Ofiusa, Editorial Sotelo Blanco, 2003, novela de corte xuvenil que recrea unha viaxe fantástica por unha Galicia mítica.